(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Saint Peter Port - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Saint Peter Port

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 30 de agosto de 2015 ás 13:30 por Fendetestas (conversa | contribucións) (a primeira edición de esta páxina procede da información de en:Saint Peter Port)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Modelo:Cidade

Saint Peter Port é a Capital de Guernsey, así como o principal porto. A poboación en 2014 era de 18.207. En Guernésiais e en francés, historicamente as linguas oficiais de Guernsey, o nome da cidade e as parroquias da súa bisbarra é St Pierre Port. O "porto" distingue a esta parroquia de Saint Pierre Du Bois .

Ademais de ser unha parroquia, St. Peter Port é un pequeno pobo na súa maioría de rúas estreitas e empinadas con ladeiras con vistas. Sábese que existía aquí unha cidade e posto comercial desde antes da época romana, o nome precristiá non sobreviviu na era moderna.

O código postal das direccións nesta parroquia comeza por GY1.

Os habitantes de St. Peter Port, foron alcumados "les Villais" (viláns, xente do pobo) ou "cllichards" en Guernésiais.

Xeografía

St. Peter Port está situado na costa este de Guernsey. Limita con St Sampson's no norte, con Vale no noroeste do país, St Andrew's no oeste e St Martin's no sur.

Enfronte, no mar atópase Herm cara ao leste, Little Russel, Sark e Brecqhou están un pouco máis ao leste, Big Russel entre elas e Herm. a Torre Brehon atópase en Little Russel entre St Peter Port e Herm.

Relevo

O terreo é baixo no norte e pola zona portuaria, pero no Sur, alcánzanse cotas máis altas (pero non tan alto como St Martin's ou Forest). Isto significa que hai un bo número de cantís na costa entre Havelet e Fermain.

Educación

A escola primaria Vauvert leva na cidade desde 1909.

Deporte e lecer

St. Peter Port conta cun club na Isthmian League inglesa, o Guernsey FC que xoga no Footes Lane.

Subdivisións

Saint Peter Port subdivídese en catro cantóns:[1]

  1. Cantón 1 ou Cantón do Norte
  2. Cantón 2 ou Cantón do Noroeste
  3. Cantón 3 ou Cantón do Sudoeste
  4. Cantón 4 ou Cantón do Sur

Ademais, as illas de Herm e Jethou pertencen á parroquia,[2] pero non forman parte de ningún cantón. Pertencen ao distrito electoral de Saint Peter Port Sur.

Características

A Igrexa de Cidade

As características da cidade inclúen:

Castelo de Carey

Castelo Carey foi construído en 1840 por John Carey. É unha propiedade [[Arquitectura neogótica|neogótica], que se atribúe ao arquitecto John Wilson, quen deseñou o colexio Elizabeth e o St James Concert Hall. Foi brevemente a residencia do Tenente Gobernador da Bailía de Guernsey e acolleu a raíña Vitoria e ao Príncipe Alberte durante a súa visita a Guernsey en 1859, e o duque de Cambridge en 1862. A novela de Victor Hugo "Les Travailleurs de la Mer", publicado en 1866 está dedicado a Guernsey, onde pasou 15 anos no exilio, menciona o Castelo Carey. O castelo permaneceu na familia Carey ata que William Wilfred Carey vendeuno en 1912.[3] Durante a Segunda Guerra Mundial, os ocupantes alemáns de Guernsey utilizaron o Castelo Carey como un club de oficiais.

Economía

Blue Islands, unha liña aérea rexional, ten a súa sé en Saint Peter Port.[4]

Personaxes famosos

Referencias

  1. "St. Peter Port Parish, Canton Boundaries". Stppcons.com. 2007-11-14. Consultado o 2012-10-04. 
  2. "Bailiwick of Guernsey". Crwflags.com. Consultado o 2012-10-04. 
  3. Careyroots http://www.careyroots.com/castle.html
  4. "Contact Us." Blue Islands. Retrieved on 18 September 2009.

Ligazóns externas