(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Sober - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sober

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 19 de outubro de 2015 ás 20:09 por 91.117.4.220 (conversa) (→‎Historia: ala)

Coordenadas: 42°28′N 7°36′O / 42.467, -7.600

Sober
Escudo de Sober
Casa do Concello.
Ermida na Ribeira Sacra
Casa do Concello, Ermida na Ribeira Sacra e Canón do Sil.
Situación
Xentilicio[1]soberino
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Terra de Lemos
Poboación2.453 hab. (2014)[2][3]
Área133,3 km²[3]
Densidade18,4 hab./km²
Entidades de poboación22 parroquias[4]
Política (2015)
AlcaldeLuis Fernández Guitián ()
Concelleiros
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 2
Outros: Agroma Sober-PDDdG 2
Eleccións municipais en Sober
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes85,05%
Na rede
http://www.concellodesober.com/
Facebook: concello.desober Twitter: ConcellodeSober Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sober é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2014 era de 2.453 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «soberino».

Xeografía

Sober atópase na Terra de Lemos. Limita ao norte e leste con Monforte de Lemos, ao norte e oeste con Pantón e o río Cabe, e ao sur co canón do río Sil. Ten unha superficie de 134 km², e sitúase a 77 km da capital da provincia.

Demografía

Censo Total 2.453 (2014)
Menores de 15 anos 142 (5.79 %)
Entre 15 e 64 anos 1.188 (48.43 %)
Maiores de 65 anos 1.123 (45.78 %)

Economía

O sector primario está centrado na gandería bovina criada para consumo, a cría porcina e en menor medida, ovina.

A agricultura representa o 37% da superficie, orientada ao cultivo de cereais, patacas e primordialmente, a vide. O 58% da superficie é de masa forestal, piñeiros e carballos e mata.

A industria ocupa ao 15% da poboación, concentrándose en entidades de pequeno tamaño ou familiar orientadas principalmente á elaboración de viño. Destaca a produción de material de construción en Canabal e a olería artesá de Gundivós. Outros centros están dedicados á manufactura téxtil (calcetíns) e á fabricación de ferramentas e equipos de labor (cerraxería e máquinas de sulfatado).

O sector servizos aglutínase en torno aos servizos municipais e administrativos e aos establecementos comerciais. Cada quince días ten lugar a feira, coa mesma frecuencia ca o mercado de produtos.

Viño de Amandi

Sober atópase na rexión vinícola da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, albergando a produción da subzona de viños de Amandi e a da ribeira do río Cabe.

Existen arredor de 300 produtores e 29 adegas inscritas no consello regulador. Un centro de embotellado industrial permite a comercialización da marca de viño de Rectoral Amandi.

Cada domingo de Ramos, celébrase en Sober a Feira do viño de Amandi.

Historia

Mapa das parroquias de Sober.

Consérvanse mámoas do megalítico en distintos lugares, así como restos da cultura castrexa.

Durante o período do imperio romano a Vía Nova, que enlazaba Astorga con Braga, atravesaba a zona.

Da constitución do reino dos suevos permanecen os topónimos de varias parroquias.

No 785 o bispo Odoario de Lugo fundou a vila de Amandi.

Patrimonio histórico e artístico

  • A Casa grande de Rosende é un pazo datado en 1511, situado na parroquia de Rosende. Tamén era coñecido na comarca como A Casa das Señoritas. Foi rehabilitada a finais do século XX e na actualidade funciona como casa de turismo rural non sendo posible a súa visita. De sobria fachada destaca a súa torre, a solaina que da cara a un patio traseiro e o seu coidado interior.

Lugares de Sober

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sober vexa: Lugares de Sober.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Sober.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Sober

Amandi (Santa María) | Anllo (Santo Estevo) | Arroxo (San Martiño) | Barantes (San Xoán) | Bolmente (Santa María) | Brosmos (Santa Cruz) | Bulso (San Pedro) | Canaval (San Pedro) | Doade (San Martiño) | Figueiroá (San Salvador) | Gundivós (Santiago) | Liñarán (San Martiño) | Lobios (San Xillao) | Millán (San Nicolao) | Neiras (San Salvador) | Pinol (San Vicente) | Proendos (Santa María) | Refoxo (Santo Estevo) | Rosende (San Miguel) | San Martiño de Anllo (San Martiño) | Santiorxo (San Xurxo) | Vilaescura (Santa María)

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Sober".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.