(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Thelma Ritter - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Thelma Ritter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 19 de novembro de 2015 ás 20:07 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)

Modelo:Actor Thelma Ritter, nada en Nova York o 14 de febreiro de 1902 e finada na mesma cidade o 5 de febreiro de 1969 foi unha actriz estadounidense.

Traxectoria

Tras actuar en obras teatrais no instituto, estudou na American Academy of Dramatic Arts. Comezou unha carreira teatral, pero parou por un tempo para criar os seus fillos.

O seu primeiro filme foi Miracle on 34th Street, en 1947, na que non aparecía acreditada. A partir da década de 1950 destacou en papeis secundarios, conseguindo seis candidaturas ao Oscar, sen chegar a gañar nunca. O seu último traballo foi no The Jerry Lewis Show en 1968.[1]

Filmografía

Ano Filme
1949 A Letter to Three Wives
City Across the River
Father was a Fullback
1950 Perfect Strangers
I'll Get By
Todo sobre Eva
1951 The Mating Season
As Young as You Feel
The Model and the Marriage Broker
1952 With a Song in My Heart
1953 Titanic
Pickup on South Street
The Farmer Takes a Wife
1954 A ventá indiscreta
1955 Daddy Long Legs
Lucy Gallant
1956 Os heroes tamén choran
1959 A Hole in the Head
Pillow Talk
1961 The Second Time Around
The Misfits
1962 O home de Alcatraz
A conquista do Oeste
1963 For Love or Money
A New Kind of Love
Move Over, Darling
1965 Boeing Boeing
1967 The Incident
1968 What's So Bad About Feeling Good?

Notas

  1. Thewindmillsofyourmind.com (ed.). "Appearance on Jerry Lewis Show". Consultado o 2012-12-04. 

Véxase tamén

Ligazóns externas