(Translated by https://www.hiragana.jp/)
F.C. Hansa Rostock - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

F.C. Hansa Rostock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 11 de setembro de 2016 ás 12:30 por HacheDous=0 (conversa | contribucións) (Creada como tradución da páxina "F.C. Hansa Rostock")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

F.C. Hansa Rostock é un club de fútbol alemán da cidade de Rostock, en Mecklenburg-Vorpommern. Foi un dos clubes con máis éxito procedentes da antiga RDA e estivo na Bundesliga.

durante dez anos, desde 1995 a 2005, para logo declinar,  Desde 2012, o club xoga na  3ª Liga. 

Historia

O club estableceuse o 1 de novembro de1954 co nome de Sportclub Empor Rostock con seccións dedicadas a diferentes deportes. O equipo de fútbol, así e todo, non se puido recrutar da Betriebssportgemeinschaften (canteira local) polo que se pensou en transferir o BSG Empor Lauter de Lauter a Rostock, xa que esa zona xa estaba ben representada no fútbol da Alemaña Oriental.

A transferencia realizouse na tempada  1954–55,

O novo equipo denominouse SC Empor Rostock e tomou o sitio do desparecido BSG Empor Lauter na primeira división en novembro 1954. Na tempada seguinte remataron segundos pero quedou relegado ao 14.º en 1956 baixando de categoría e volvendo á DDR-Oberliga en 1958. O equipo quedou en segundo lugar en 1962, 1963 e 1964. A reorganización deportiva que a RDA realizou en 1965 levouno a converterse nun club independente co nome de FußClub Club Hansa Rostock,  designado como un dos 11 clubs de elite do país.

Durante a década de 1970 o club quedaba na parte baixa da táboa e en tres ocasións baixou á segunda división da  DDR-Liga aínda que sempre foi quen de volver á máxima división. Na década de 1980 mantivo sempre a categoría. Coa reunificación alemá e a fusión das dúas ligas, Rostock gañou o seu primeiro campionato, foi na NOFV-Oberliga, a liga de transición que se estableceu para a tempada 1990-1991. Tamén gañou a derradeira Copa de Alemana Oriental por 1-0 fronte ao .

 FC Stahl Eisenhüttenstadt.[1]

Na Bundesliga

O equipo en xaneiro de 1990

O éxito do club posibilitou o seu acceso á Bundesliga canda o Dynamo Dresden na tempada 1991–92  O. Hansa non puido permanecer na categoría e baixou á segunda división para volver á primeira na tempada 1995–96. Nos dez anos seguintes mantivo a categoría, quedando como mellor resultado na sexta praza, así e todo foi o único equipo da antiga RDA en manterse na máxima categoría. O 1 decembro 2002 o Rostock converteuse no primeiro alemán en aliñar seis estranxeiros dun mesmo país nun partido da Bundesliga (Prica, Lantz, Wibran, Jakobsson, Arvidsson e Persson – todos suecos).

Rostock realizou unha mala primeira metade da tempada en 2004–05, gañando un so partido partido e logrando cinco empates en 17 encontros

e non se puideron recuperar malia a chegada do dianteiro finlandés Jari Litmanen e o club deixou a máxima categoría, no que por primeira vez non había un club da antiga RDA. Tras dous anos na segunda división volveron á máxima categoría na tempada 2007-2008 pero volveron baixar no cabo da tempada.

A tempada 2009–10 foi mala e remataron baixando á terceira división, recuperando a categoría en 2010-2011 parar volver a terceira en  2011–12.

Títulos

  • NOFV-Oberliga
    • Campión: 1991
  • DDR-Oberliga
    • Finalista: 1955, 1962, 1963, 1964, 1968
  • FDGB-Pokal
    • Gañador: 1991
    • Finalista: 1955, 1957, 1960, 1967, 1987
  • 2. Bundesliga
    • Campión: 1995
  • Copa de Mecklenburg-Vorpommern
    • Gañador: 1998, 2005, 2006, 2011, 2015, 2016

Adestradores

Estadio

O orixinal Ostseestadion construíuse en 1954, coa participación centos de cidadáns de Rostock que axudaron de balde. O primeiro partido internacional no Ostseestadion do equipo da  RDA foi o 26 setembro de 1956. En 2001 rehabilitouse para acoller a 30.000 espectadores.

Notas

Ligazóns externas