(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Ifema - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Ifema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 6 de marzo de 2021 ás 04:50 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Entrada ao recinto do Ifema no Campo de las Naciones.

A Institución Ferial de Madrid, máis coñecida polo seu acrónimo Ifema, é unha entidade que organiza feiras, salóns e congresos nas súas instalacións de Madrid, España.

Nos seus eventos danse cita empresas españolas e estranxeiras para xerar relacións comerciais, multiplicar os seus contactos e presentar novidades.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Comezou a operar en 1980 e segue rexida polos seus catro entes fundacionais: a Comunidade de Madrid, o Concello de Madrid, a Cámara de Comercio e Industria de Madrid e Caja Madrid, cuxos máximos responsables conforman os seus órganos de goberno.

Anualmente celebran máis de 90 feiras, que ocupan 1,4 millóns de metros cadrados netos de exposición, coa participación de máis de 42.000 empresas e cuns 4,7 millóns de visitantes, dos cales 1,5 millóns son profesionais.

Dende 1994 é a primeira organización feiral de España e, segundo o último informe publicado polo Observatorio Feiral Europeo CERMES da Universidade Bocconi, IFEMA ocupa un dos cinco primeiros lugares en Europa entre os organizadores feirais, considerando a media de superficie neta vendida nos anos 2004 e 2005, xunto á Feira de Dusseldorf, Reed Exhibition, Deutsche Messe e Feira de Frankfurt.

Conta con 200.000 cubertos de exposición, distribuídos en doce pavillóns, un Centro de Convencións de máis de 10.000 m², así como con espazos e equipamentos necesarios para o óptimo desenvolvemento das actividades que alí se fan, como área de reunións, auditorio para 600 asistentes, numerosos restaurantes, 14.000 prazas de aparcadoiro. Os recintos de IFEMA áchanse partillados en dous complexos: un ao nordeste da cidade, no Campo das Nacións, e outro no suroeste da cidade, onda a Casa de Campo.

Algúns dos eventos organizados por IFEMA son FITUR, ARCO, Pasarela Cibeles, o Salón do Automóbil de Madrid, Feira Internacional do Autobús e do Autocar (FIAA),[1] Salón Náutico de Madrid, SIMO, AULA, a Feira Internacional do Moble de Madrid, o Salón Internacional da Moda de Madrid, FERIARTE e GENERA (Feira Internacional de Enerxía e Medio Ambiente, principalmente centrada nas enerxías renovables).[2]

  1. IFEMA. "Información da FIIA" (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2009. 
  2. IFEMA. "Información xeral de GENERA'10" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 26 de novembro 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]