(Translated by https://www.hiragana.jp/)
GIF - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

GIF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 4 de agosto de 2022 ás 05:04 por Mashkawat.ahsan (conversa | contribucións) (Imaxe #WPWP)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

GIF (Graphics Interchange Format) é un formato gráfico de mapa de bits para imaxes de ata 256 cores. O formato introduciuno CompuServe en 1987. Deseñado especificamente para comprimir imaxes e gráficos creados por ordenador, o formato tivo unha gran popularidade na World Wide Web xa que, ao utilizar o algoritmo de compresión sen perda LZW, mesmo imaxes de gran tamaño podían descargarse nun período de tempo razoable, aínda con modems moi lentos.

Terra GIF

É un formato propietario e o programador que queira facer uso del ten que pagar á compañía creadora tanto do formato como do algoritmo que emprega, aínda que en 2004 caducaron moitas das súas patentes. Para evitar este problema, xurdiu o formato PNG, pero que non permite a simulación de animacións mediante a concatenación de imaxes presente nos GIF.