(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Vitelio - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Vitelio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de novembro de 2007 ás 20:05 por BanjoBot (conversa | contribucións) (Cambiando Image -> Imaxe)

Aulus Vitellius Germanicus foi un emperador romano.

Vitelio era comandante das lexións do Rhin, cando foi nomeado emperador Marco Salvio Otón por parte dos pretorianos. As lexións baixo o seu mando rebeláronse e o nomeárono tamén emperador, e marchando este sobre Roma, venceu a Otón e foi recoñecido polo Senado como o novo Emperador.

Pero á vez que se facía este recoñecemento, as lexións de Oriente proclamaban emperador a Tito Flavio Vespasiano, quen nese intre estaba a sulagar unha rebelión dos xudeos. De inmediato recibiu o apoio dos gobernadores de Siria e Exipto, así como das lexións acantonadas na fronteira do Danubio, que con anterioridade apoiaran o nomeamento de Otón.

Vitelio nun sestercio

O xefe desas lexions, Marco Antonio Primo, marchou sobre Roma, derrotou a Vitelio, quen pereceu no combate, e no ano 69 ocupou a cidade e forzou ao Senado a que recoñecesen a Vespasiano como Emperador. Estamos no ano 69, e nese ano foron nomeados catro emperadores


Imperio Romano

Segue a:
Otón
Vitelio
(69-69)

Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Ano dos catro emperadores