A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
O Aeroporto de Gdańsk-Lech Wałęsa (IATA: GDN, ICAO: EPGD) é un aeroporto internacional polaco situado a 12 km ao noroeste de Gdańsk. Chámase así na honra do antico presidente do país Lech Wałęsa. Con máis de 4 millóns de pasaxeiros no ano 2016, é o terceiro aeroporto máis concorrido de Polonia en termos de pasaxe. Os destinos máis populares do aeroporto son cidades dos países nórdicos e das illas británicas. Tamén hai un número significativo de pasaxeiros que viaxan entre Gdansk e Varsovia, a capital de Polonia.