(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Amaro - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Amaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amaro[1] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o latín Amarus, con moita tradición na onomástica galega medieval co derivado Amarellus (que deu lugar ó topónimo Amarelle).[1]

En xaneiro de 2023 existían 121 varóns en Galicia co nome Amaro, cunha media de idade de 32,6 anos.[2]

Historia do nome

[editar | editar a fonte]

A orixe do nome é literaria e difundiuse durante a Idade Media coa Vida de santo Amaro, unha historia dunha viaxe a través do mara ata o Paraíso, durante a cal ten moitas aventuras. Nesta historia recóllense lendas de tradicións pagás, como a de san Brandán, polo cal se lle supuxo orixe céltica.[1]

Na literatura galega tivo sona O bendito San Amaro,[3] obra de Ramón Cabanillas ilustrada por Castelao.

Noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  • Amar: catalán
  • Amaro: castelán, portugués

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Santo Amaro, figura relixiosa presente na tradición lendaria celta-galega como santo Amaro, baseada nun peregrino francés a Compostela do século XIII. Tamén podería basearse en:
  • Amaro de Anjou (ou San Mauro de Anjou), discípulo de San Bieito de Nursia, e que fundou o primeiro mosteiro bieito da historia de Francia.
  • Amaro González, relixioso galego do século XVI.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]