Arabia Terra
Arabia Terra | |
---|---|
Unha vista oblicua de Arabia Terra feita pola Mars Global Surveyor | |
Tipo de rexión | Terra |
Rexión de | Marte |
Diámetro | 5100 km[1] |
Coordenadas | 23° N 355° O[1] 19,79° N 30° E (geohack, coor. polo leste) |
Procedencia do nome | Península arábiga.[1] |
Arabia Terra é unha extensa e elevada rexión do norte de Marte e descansa na súa meirande parte dentro do cuadrángulo Arabia. Está densamente craterizada e fortemente erosionada. Esta topografía accidentada indica que é unha rexión moi vella, de feito pénsase que é un dos terreos máis vellos de Marte. Acada uns de 5100 km de longo e esta centrada nas coordenadas 19,79 N 30 E para o geohack e a 23° N 355° O [1] para o USGS (seguramente a diferenza só se debe a un erro no centrado da rexión), coas rexións do leste e sur elevadas 4 km por riba das rexións do norte e oeste. O longo desta rexión existen moitos cráteres, canons, dos cales moitos van morrer rexións baixas do norte do planeta, a cales bordean a Arabia Terra polo norte da mesma.
Arabia conten moitos accidentes xeolóxicos interesantes. Existen bos exemplos de cráteres de tipo pedestal nesta rexión. Este tipo de cráteres (e o seu material expulsado) están elevados sobre os terreos circundantes, moitas veces os seus bordos acaban en cantís e precipicios. O material expulsado na creación do cráter forma unha capa dura e resistente que protexe o material cuberto da erosión.[2] En moitas destas capas existen outeiros e/ou petoutos illados. Esta capas tamén poderían estar formadas por procesos volcánicos, polo vento o polo depósitos feitos por auga do subsolo.[3][4] Unhas Franxas Acantiladas Escuras foron observadas en Tikhonravov Basin, un gran cráter erosionado. A franxas aparecen na parte horizontal dos cantís (no seu chanzo) e cambia de aspecto co paso do tempo. Ó comezo son escuros, entón van cambiando a unha cor máis clara, probablemente coma consecuencia do po fino e de cor clara que provén da atmosfera.[5] Pensase que estas franxas se forman cando o po se move cara a abaixo polos cantís, de xeito semellante as avalanchas de neve montaña abaixo que acontecen na Terra.[6]
Arabia Terra foi bautizada no 1979, seguindo unha clásica designación baseada nas características do albedo dun mapa feito por Giovanni Schiaparelli, o cal tomou o nome da península Arábiga terrestre.
Unha investigación da rexión realizada en 1997 definiu moito mellor a individualidade da rexión.[7] Constatouse un cinto ecuatorial cun cráter dunha idade distintivamente máis tardía que na parte setentrional da rexión e da Noachis Terra que fica ó sur. Isto foi interpretado coma un sistema incipiente de arcos provocados pola subdución das terras baixas marcianas que están baixo Arabia Terra durante a Era Noeica. Os patróns das fracturas da rexión son tamén explicables do mesmo xeito, e a inestabilidade rotacional do planeta non é causa suficiente para a súa explicación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS Astrogeology (ed.). "Arabia Terra on Mars". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 21-03-2011.
- ↑ http://hirise.lpl.arizona.edu/PSP_008508_1870
- ↑ http://hirise.lpl.arizona.edu/PSP_009008_1915
- ↑ http://hirise.lpl.arizona.edu/PSP_004434_1885
- ↑ http://hirise.lpl.arizona.edu/PSP_007531_1935
- ↑ http://hirise.lpl.arizona.edu/PSP_006569_1915
- ↑ Francisco Anguita; Jorge Anguita, Gabriel Castilla, Miguel Angel de La Casa, José María Domínguez, Raquel Herrera, Pilar Llanes, Mónica López, Vicente Martínez, (1997). "Arabia Terra, Mars: Tectonic and Palaeoclimatic Evolution of a Remarkable Sector of Martian Lithosphere". Physics and Astronomy 77 (1): 55. doi:10.1023/A:1006143106970. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2011.
|archiveurl=
e|urlarquivo=
redundantes (Axuda);|archivedate=
e|dataarquivo=
redundantes (Axuda);|deadurl=
e|urlmorta=
redundantes (Axuda);|accessdate=
e|data-acceso=
redundantes (Axuda)