Eroge
Un eroge (エロゲ, erotic game) é un videoxogo xaponés para videoconsola ou computador persoal cuxo contido principal é de tipo erótico ou pornográfico, usualmente utilizando o estilo artístico característico do anime. En occidente, os xogos eroge son catalogados erroneamente como xogos hentai baseándose na definición e aplicación occidental da palabra hentai. O termo é acurtado en inglés como xogo H, ou ata H game, os cales tampouco adoitan ser utilizados no Xapón.
Historia
[editar | editar a fonte]Nos anos 1980, as compañías xaponesas introduciron as súas propias marcas de microordenadores para competir cos Estados Unidos. Os modelos en competencia incluían a serie X1 da compañía Sharp, a FM-7 de Fujitsu, e PC-88 de NEC. NEC atopábase detrás dos seus competidores en termos de hardware (con só 16 cores e sen soporte para son) e necesitaba buscar un xeito de controlar o mercado. Foi por mor disto que se inventaron os xogos eróticos.
Eroges famosos
[editar | editar a fonte]- Adam the double factor de C's Ware
- Air de Key
- Atlach=Nacha d'Alicesoft
- Brave Soul de Crowd
- Crescendo de Digital Objet
- Dividead de C's Ware
- Eve burst error de C's Ware
- Fate/hollow ataraxia de Type-Moon
- Fate/stay night de Type-Moon
- Kana imōto de Digital Objet
- Kanon de Key
- Kimi ga nozomu eien d'Âge
- RapeLay de Illusion
- Shuffle! de Navel
- True Love de Software House Parsley
- Tokimeki check In! de Crowd
- Tsukihime de Type-Moon
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eroge |