Ninetjer
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 3000 a. C. |
Morte | 2845 a. C. (145/155 anos) |
Faraón | |
3º Q110644602 | |
← Raneb | |
Q110644534 | |
Título real no antigo Exipto
| |
Actividade | |
Ocupación | estadista |
Período de tempo | Antigo Exipto, Época Tinita (pt) e Segunda Dinastía de Exipto |
Outro | |
Título | Faraón |
Familia | Segunda Dinastía de Exipto |
Pai | Raneb |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Tabela de Saqqara |
Ninetjer foi o terceiro faraón da segunda dinastía de Exipto; reinou c. 2785-2742 adC (von Beckerath).
Manetón denomínao Binotris (Xulio Africano) ou Biofis (Eusebio de Cesarea) e atribúelle 47 anos de reinado.
A Pedra de Palermo menciona a celebración de numerosas festas relixiosas, a realización do empadroamento e dun censo de gando (cada dous anos).
Continúa a política de desprazamentos cara ao norte do país, iniciada polos seus antecesores, como forma de consolidar a unificación emprendida polo primeiro faraón Menes.
Manetón comenta que durante este reinado lexislouse que as mulleres podían exercer o poder real.
Testemuños da súa época
[editar | editar a fonte]- Impresións de selo nunha galería preto da pirámide de Unis en Saqqara; quizais o lugar do enterro de Ninetjer (Hassan) (Wilkinson).
- Impresións de selo nunha gran tumba de Giza (Petrie).
- Impresións de selo, tumbas 2171 e 2302 en Saqqara (Quibell).
- Inscricións de Helwan (Saad).
Predecesor: Raneb |
Faraón Segunda dinastía |
Sucesor: Weneg |