Piscifactoría
Unha piscifactoría é un lugar onde se fan actividades económicas de produción (cría e engorde) de especies acuáticas, principalmente peixes, crustáceos e moluscos. Nestas granxas, cultívanse varias especies mariñas, tanto de peixes, como dalgúns invertebrados, como o polbo. A actividade das piscifactorías ten unha grande importancia económica. No caso de moitas especies, a produción de cultivo case substituíu por completo as capturas pesqueiras.
Algunhas das especies máis importantes criadas en piscifactoría son o rodaballo, a dourada, a robaliza ou o bacallau. Os cultivos doutras especies aínda están en desenvolvemento, como o polbo, o ollomol, ou o linguado, entre outras.
Piscifactorías de Galicia
[editar | editar a fonte]En Carnota hai dúas piscifactorías propiedade de Stolt Sea Farm, máis coñecida por Prodemar. Unha é a de Lira e a outra a de Quilmas, sendo de maiores dimensións a primeira. Nestas piscifactorías prodúcese rodaballo e en menor cantidade, linguado. A fase de comercialización e distribución coordínase dende as oficinas centrais de Lira (Carnota). A forma máis habitual de comercializar o peixe é en fresco, enteiro ou limpo de vísceras. O pescado sérvese normalmente en caixas de polietileno de 6, 10 ou 20 kg, envolto nun filme de plástico, e cuberto cunha capa de xeo. Esta empresa ten tamén outra factoría en Camariñas, no cabo Vilán.
No concello de Cerdedo-Cotobade hai unha piscifactoría no río Almofrei, en Carballedo, onde se crían troitas. Hai outra no río Lor.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|