(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Jean Rhys - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Jean Rhys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean Rhys

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1890 Editar o valor en Wikidata
Roseau, Dominica Editar o valor en Wikidata
Morte14 de maio de 1979 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Exeter, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónRoyal Academy of Dramatic Art
Stephen Perse Foundation (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas letras Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, novelista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1924 Editar o valor en Wikidata -
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeJean Lenglet Editar o valor en Wikidata
ParellaFord Madox Ford Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteA Companion to West Indian Literature (en) Traducir
Metzler Autorinnen Lexikon (en) Traducir, (p.447–448) >>>:Rhys, Jean (eigtl. Ella Gwendolen Rhys oder Rees Williams)
A historical dictionary of British women (en) Traducir, (p.370) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0722626 BNE: XX1128345 Bitraga: 1934 Musicbrainz: 40310299-d926-4169-9e88-5b87ea0334e1 Editar o valor en Wikidata

Jean Rhys, nada en Roseau (Dominica) o 24 de agosto de 1890 e finada en Exeter o 14 de maio de 1979, cuxo nome orixinal era Ella Gwendolen Rees Williams, foi unha novelista caribeña da primeira metade do século XX. As súas primeiras novelas foron publicadas durante as décadas dos anos 1920 e 1930, até a publicación da súa novela Wide Sargasso Sea en 1966 non foi considerada unha figura literaria de relevancia. A precuela da novela Jane Eyre de Charlotte Brontë, Wide Sargasso Sea, gañou en 1967 o prestixioso premio literario outorgado por WH Smith, o WH Smith Literary Award.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ryhs naceu en Roseau, cando Dominica aínda era colonia británica, filla de pai galés e nai crioula mais de raíces escocesas. Aos dezaseis anos trasladouse a Inglaterra onde traballou en Londres como corista sen demasiado éxito, até tal punto que chegou a ingresar na prisión de Holloway.

Nos anos 1920 viaxou ao continente europeo onde traballou como artista bohemia, período no que residiu temporalmente en París. Durante este período da súa vida, Rhys viviu case na pobreza. Neste período familiarizouse coa arte modernista e a literatura e converteuse en alcohólica, problema que mantivo durante toda a súa vida. As súas experiencias na sociedade patriarcal e os sentimentos de se sentir desprazada influíron e formaron parte dalgúns dos seus traballos, así como a súa infancia difícil, na que non acabou de ser aceptada nin pola sociedade crioula nin pola europea da súa illa natal.

A maioría das obras de Rhys tratan sobre mulleres que se ven desprazadas dos seu ambientes naturais e deixadas ao capricho de sociedades con pobres valores familiares, nunha mostra da súa propia experiencia. O seu estilo caracterízase frecuentemente pola súa mestura de técnicas modernistas e de sensibilidades propias da sociedade caribeña da que proviña.

A súa obra foi publicada e promocionada entre outros por Ford Madox Ford. Diana Athill, da editorial André Deutsch, axudou a Ryhs a volver a chegar a un amplo público tras a perda do favor do público que sufriu. Athill foi a responsable da publicación de Wide Sargasso Sea, obra adaptada á televisión pola BBC.

Durante o último período da súa vida, viviu en Londres xunto a un amigo intérprete de jazz británico, George Melly. Escribiu unha sarcástica canción de amor para el xunto a John Chilton, titulada Life with you. Os seus escritos e efectos persoais atópanse na Biblioteca Mac Farlin da Universidade de Tulsa, no departamento de Coleccións especiais e arquivos da Universidade.

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]