(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Pantelleria - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Pantelleria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPantelleria
Pantelleria (it)
Pantiḍḍirìa (scn) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°47′15″N 11°59′33″L / 36.7875, 11.9925
PaísItalia
Rexión con estatuto especialSicilia
Free municipal consortium (en) TraducirFree Municipal Consortium of Trapani (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CapitalPantelleria (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación7.352 (2023) Editar o valor en Wikidata (86,98 hab./km²)
Xeografía
Superficie84,53 km² Editar o valor en Wikidata
Medición8,4 (ancho) × 13,7 (lonxitude) km
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude5 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
sen valor Editar o valor en Wikidata
Santo padrónFortunatus of Casei (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal91017 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0923 Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT081014 Editar o valor en Wikidata
Código catastral italianoG315 Editar o valor en Wikidata

Páxina webcomunepantelleria.it Editar o valor en Wikidata
Facebook: comunedipantelleria Editar o valor en Wikidata
Vista de Pantelleria.

Pantelleria (siciliano: Pantiddirìa), a antiga Cossyra (árabe:قوصرة Qawṣra, Maltés: Qawsra, agora Pantellerija, grego antigo Cossyra, Κοσσύρα, como era coñecida no período romano), é unha illa italiana no estreito de Sicilia no mar Mediterráneo, situada a 110 km ao suroeste de Sicilia e a a 70 km ao leste da costa tunisiana. Tunisia é visible en días despexados. Administrativamente, a illa pertence á provincia de Trapani e ten só un municipio, que leva o mesmo nome da illa (comune di Pantelleria) e cuxa poboación en 2015 era de 7715 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Cunha superficie de 83 km², é a illa volcánica máis grande de Sicilia. A última erupción ocorreu en 1891 baixo o nivel do mar, e hoxe en día pódense observar fenómenos relacionados coa actividade volcánica, como as augas termais e as fumarolas.

O pico máis alto, chamado Montagna Grande, alcanza os 836 m. sobre o nivel do mar. A illa é fértil, pero carece de auga doce. A cidade principal, cunha poboación de aproximadamente 3.000 habitantes, está no noroeste, no único porto (soamente apto para os pequenos vapores), que está fortificada. Había unha colonia penal aquí.

Unha das "Sesi" en Pantelleria.

As exploracións arqueolóxicas desenterrou vivendas e artefactos de 35.000 anos de idade.

A poboación orixinal de Pantelleria non procedía de Sicilia, eran iberos ou ibero-ligures. Logo dun intervalo considerable, durante o cal a illa probablemente permaneceu deshabitada, os Cartaxineses tomaaron posesión dela (sen dúbida debido á súa importancia como unha escala no camiño a Sicilia) probablemente ao redor do principio do século VII AC, ocupando como a súa Acrópole os outeiros xemelgos de San Marco e Santa Teresa, ao sur da cidade de Pantelleria. A cidade ten restos considerables de muros feitos de bloques rectangulares de cachotería, e tamén de varias cisternas. Descubríronse tumbas púnicas, e terracotas votivas nun pequeno santuario do período púnico preto da costa norte.

Os romanos ocuparon a illa segundo quedou rexistrado nas Fasti triumphales no 255 Ac, perderona outra vez o ano seguinte, e recuperárona no 217 Ac. Baixo o Imperio Romano serviu como lugar de desterro para persoas prominentes e membros da familia imperial. A cidade gozaba de dereitos municipais.

No 700 dC, os árabes conquistaron a illa e nomeárona بنت الرياح Bint al-Riyāḥ 'filla dos ventos'. Que representaba os fortes ventos que xorden na costa norte de África. En 1123 Roxerio II de Sicilia tomou a illa, e en 1311 unha frota da Coroa de Aragón, baixo o mando de Lluís de Requesens, logrou aquí unha vitoria considerable. A familia Requesens convertéronse en príncipes de Pantelleria ata 1553, cando os turcos capturaron a illa. Disputouse unha batalla naval preto da illa en xullo de 1586 cando unha frotiña armada da Compañía do Levante inglesa de cinco naves logrou repeler un ataque de once galeras españolas e maltesas.

Un dialecto similar ao maltés foi o idioma vernáculo da illa ata finais do século XVIII, cando as linguas románicas, Sicilianas, substituírona. A lingua siciliana moderna en Pantelleria contén moitos préstamos do árabe, e a maior parte dos nomes de lugar da illa son de orixe semítico.

A captura de Pantelleria considerouse crucial para a Operación Husky, a invasión aliada de Sicilia en 1943, xa que os avións con base en Pantelleria podían chegar facilmente a Sicilia. Na Operación Tirarrollas os aliados bombardearon fortemente Pantelleria desde o aire e o mar nos días previos á invasión. A gornición rendeuse cando as tropas de desembarco achegáronse. Pantelleria converteuse entón nunha base vital para os avións aliados durante o asalto a Sicilia.

Datos climáticos para Pantelleria 1971-2000
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 21,6 23,8 27,8 31,8 36,6 41,2 41,4 41,8 40,5 34,0 25,8 23,0 41,8
Media máxima en °C 13,9 14,0 15,2 17,7 21,9 25,7 28,2 29,0 26,5 22,6 18,1 15,1 20,66
Media diaria en °C 11,9 11,8 12,8 14,8 18,6 22,2 24,7 25,7 23,4 20,1 15,9 13,1 17,92
Media mínima en °C 10,0 9,6 10,3 11,9 15,2 18,7 21,3 22,4 20,4 17,5 13,8 11,1 15,18
Temperatura mínima en °C 1,0 2,0 1,8 4,6 9,4 11,0 15,2 15,0 13,4 9,0 5,0 2,6 1
Chuvia media mm 76,3 51,3 37,5 32,9 15,1 4,2 1,9 3,7 49,9 72,1 89,0 67,8 501,7
Media de días con chuvia (≥ 1.0 mm) 8,7 7,9 6,0 5,4 2,5 0,9 0,2 0,6 3,4 6,6 8,3 8,2 58,7
Media de horas de sol mensuais 124,0 138,4 186,0 207,0 257,3 282,0 322,4 310,0 237,0 201,5 156,0 124,0 2 545,6
Fonte: Atlante climatico frommeteoam.it

[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.