Badkonake sefid
Badkonake sefid | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | بادکنک سفيد |
Director | Jafar Panahi |
Produtor | Kurosh Mazkouri |
Guión | Abbas Kiarostami |
Intérpretes | Aida Mohammadkhani Mohsen Kafili Fereshteh Sadr Orfani |
Fotografía | Farzad Jadat |
Montaxe | Jafar Panahi |
Distribuidora | October Films |
Estrea | 1995 |
Duración | 85 minutos |
Orixe | Irán |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Badkonake sefid (en persa: بادکنک سفيد) é un filme iraniano de 1995 dirixido por Jafar Panahi, con guión de Abbas Kiarostami. Foi o primeiro filme de Panahi como director. Recibiu moi boas críticas e gañou numerosos galardóns de cinema internacionais, incluído o premio da Camera d'Or no Festival Internacional de Cine de Cannes. The Guardian clasificouno como un dos 50 mellores filmes para toda a familia de tódolos tempos.[1] O filme está na lista BFI list dos 50 filmes que deberías ver ós 14 anos.
O filme foi escollido como candidato iraniano para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 68ª edición dos premios, mais non aceptado como nomeado.[2][3] Irán tentou sen éxito retirar o filme da competición, mais a Academia negouse a aceptar o retiro.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Brooks, Xan (10 de decembro de 2005). "The best family films of all time". Londres: The Guardian. Consultado o 26 de setembro de 2006.
- ↑ Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
- ↑ FilmFestivals.com (ed.). "41 to Compete for Foreign Language Oscar Nominations". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2012. Consultado o 4 de outubro de 2015.
- ↑ Highbeam (ed.). "Iran Requests Academy Not to Consider Its Film Entry". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2012. Consultado o 4 de outubro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Badkonake sefid na IMDb (en inglés).