(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Zürich - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Zürich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaZürich
Vista nocturna
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°22′28″N 8°32′28″L / 47.3744, 8.5411
Estado federadoSuíza
CantónsCantón de Zürich
DistritoDistrito de Zurique (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
District 10 (en) Traducir
District 11 (en) Traducir
District 2 (en) Traducir
District 6 (en) Traducir
District 7 (en) Traducir
District 9 (en) Traducir
Kreis 1 (en) Traducir
Kreis 12 (en) Traducir
Kreis 3 (en) Traducir
Kreis 4 (en) Traducir
Kreis 5 (en) Traducir
Kreis 8 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación447.082 (2023) Editar o valor en Wikidata (5.087,41 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie87,88 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porlago de Zürich, Limmat (en) Traducir, Sihl (en) Traducir, Lago Katzensee (pt) Traducir e Glatt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude408 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Adliswil (pt) Traducir
Zollikon (pt) Traducir
Wallisellen (pt) Traducir
Fällanden (pt) Traducir
Oberengstringen (pt) Traducir
Kilchberg (pt) Traducir
Uitikon (pt) Traducir
Urdorf (pt) Traducir
Schlieren (pt) Traducir
Dübendorf (pt) Traducir
Stallikon (pt) Traducir
Maur (pt) Traducir
Regensdorf (pt) Traducir
Opfikon (pt) Traducir
Rümlang (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creaciónséculo II Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataCorine Mauch (pt) Traducir (2009–sen valor) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoZurich City Parliament (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal8000, 8001, 8002, 8003, 8004, 8005, 8006, 8008, 8032, 8037, 8038, 8041, 8044, 8045, 8046, 8049, 8050, 8051, 8052, 8053, 8055, 8057, 8063, 8064, 8031, 8010, 8012, 8017, 8022, 8024, 8027, 8034, 8036, 8040, 8042, 8047, 8048, 8060, 8070, 8087, 8088, 8090, 8091, 8098 e 8092 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico043 e 044 Editar o valor en Wikidata
Código de municipio suízo0261 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Kunming (1982–)
San Francisco (2003–)
Vinnytsia (pt) Traducir (2010–) Editar o valor en Wikidata
Lugar do Patrimonio suízo

Páxina webstadt-zuerich.ch Editar o valor en Wikidata
Facebook: stadtzuerich Twitter: stadtzuerich Instagram: stadtzh LinkedIn: stadt-zürich Youtube: UCnhys4wAzub1B64sBIYvfxQ Editar o valor en Wikidata

Zürich,[1][2] ou Zúric,[3][4][5][6][7][8][9] (en alemán: Zürich, en latín Turicum) é unha cidade suíza de 402.762 habitantes, segundo datos de decembro de 2016 (1,3 millóns no contorno urbano). É a cidade máis grande do país, e é a capital do cantón homónimo. Está dividida en 12 distritos (Kreise en alemán).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Zürich sitúase no límite setentrional do lago de Zürich, onde o río Limmat abandona o lago. Un pouco máis ao norte, no maior parque da cidade, o Platzspitz, o río Sihl, procedente do suroeste, desauga no Limmat.

No oeste da cidade esténdese o val do Limmat. Ao norte, Zürich crece sobre os montes Zürichberg e Käferberg, até chegar ao val do Glatt. No límite oriental encóntranse os montes Adlisberg e Uetliberg. A superficie do municipio é de 91,9 km².

Os concellos que limitan con Zürich son: Kilchberg, Adliswil, Stallikon, Birmensdorf, Uitikon, Schlieren, Oberengstringen, Regensdorf, Rümlang, Opfikon, Wallisellen, Dübendorf, Fällanden, Maur e Zollikon.

A cidade ten 7.000 anos de historia de asentamentos ininterrompidos documentados. Como cidade foi fundada polos romanos no ano 15 a.C., co nome de Turicum. Na Idade Media gañou o privilexiado status feudal de inmediación imperial, co cal o Sacro Imperio Romano Xermánico distinguía a certas cidades ou entidades baixo o seu dominio.

Zürich xogou un papel clave na Reforma protestante, ao ser a orixe e centro da mesma na Suíza xermanofalante baixo o liderado de Ulrich Zwingli, quen viviu na cidade dende 1484 ata o seu pasamento, acontecido en 1531 e que foi o autor da versión da Biblia coñecida co nome de Biblia de Zúric. A reforma deu lugar a profundas mudanzas civís en todo o cantón.

Chegou a ser a capital do Estado no bienio 1839-40 e foi accidentalmente bombardeada durante a segunda guerra mundial.

Economía

[editar | editar a fonte]
Centro da cidade

Zürich é o centro comercial, económico e financeiro do país helvético. Compañías como USB, Credit Suisse, Swiss Re e moitas outras institucións financeiras (sobre todo bancos e aseguradoras) teñen as sedes centrais nesta cidade. O sector financeiro achega máis da cuarta parte da actividade económica da cidade, favorecida pola lexislación nacional de secreto bancario. A Bolsa de Suíza (SWX Swiss Stock Exchange) tamén está localizada en Zúric.

A cidade é un centro financeiro de primeiro nivel mundial e repetidas veces foi proclamada cidade con mellor calidade de vida no mundo.

Por outra banda, o nivel de desemprego en Zürich era do 3,4% (en 2013).[10] Ao redor dun 4% da poboación (15.500 persoas) vivían directa ou indirectamente do subsidio do estado (abril de 2005).[11]

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo datos recentes, 32% dos habitantes da cidade non posúen a cidadanía suíza[12]. Os cidadáns alemáns constitúen o grupo estranxeiro máis numeroso de Zürich con 33.579 habitantes, seguido por italianos con 15.080 habitantes e portugueses con 7.826 habitantes.[13]. Con todo, a área metropolitana (incluídas as cidades de Winterthur, Baden, Brügg, Schaffhausen, Frauenfeld, Uster/Wetzikon, Rapperswil-Jona e Zug) teñen unha poboación conxunta de ao redor de 1,68 millóns de habitantes.[14]

Reverso dunha moeda conmemorativa do festival de tiro de Zürich de 1859

O idioma oficial empregado polo goberno e a maior parte da prensa é o alemán, mentres que o dialecto máis comunmente falado en Zürich é o Zürichdeutsch (alemán de Zúric), que é un dialecto do alemán de Suíza. O alemán é a lingua materna do 77% da poboación. O italiano é a segunda lingua nativa máis común, representando o 4,7% da poboación. Outras linguas con presenza relevante son o albanés (3,6%), linguas da antiga Iugoslavia 2,4% (inclúe serbio, croata, macedonio e esloveno), español (2,2%), francés (2,1%), inglés (1,8%) e portugués (1,6%)[15]

No tocante á relixión, dende a reforma de Ulrich Zwingli, Zürich permaneceu como centro do Protestantismo en Suíza. Porén, no século XX os católicos consagráronse coma o meirande grupo relixioso da cidade, cun 33,3%, mentres que o número de habitantes que se declaran non relixiosos non para de medrar (un 16,8% en 2000).[16]

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Igrexa de Grossmünster.
  • Igrexa de Grossmünster. É o principal templo protestante da cidade. Xogou un papel moi importante na Reforma Protestante, ao ser a igrexa da que Zwingli foi pastor e na que se xestou a ruptura da Igrexa do norte de Suíza. Está construída á beira do río Limmat sobre a base dun templo carolinxio erguido cara ao ano 820. O actual é de estilo románico e a súa construción foi iniciada no século XII, sendo inaugurada en 1220. Recentes escavacións confirmaron que onde hoxe se levanta a Grossmünster houbo un cemiterio romano. Os seus dous campanarios xemelgos son, posiblemente, o monumento máis coñecido de Zúric.
  • Igrexa de Fraumünster. O primeiro templo data do ano 874, sendo posteriormente reformada con elementos románicos no século XIII. Inicialmente tratábase dunha abadía, mais o claustro e os edificios abaciais foron derrubados a finais do século XIX. Destacan os vidros das cinco fiestras do coro cuxa decoración foi deseñada polo pintor Marc Chagall.
  • Igrexa de San Pedro. Posúe o reloxo de parede de igrexa máis grande do mundo, cun diámetro de 8,7 metros e construído en 1534. A igrexa actual é de 1460 e de estilo gótico, permanecendo aínda elementos románicos levantados cara a 1230. Escavacións arqueolóxicas evidenciaron a existencia dun primeiro templo erguido no século VIII.
  • Kunsthaus Zürich, o Museo de Arte de Zúric. Trátase dun dos museos de arte máis significativos de Europa. Acolle unha das máis grandes coleccións de arte moderna do mundo, con obras de Edvard Munch, Pablo Picasso, Alberto Giacometti ou Georges Braque.
  • Landesmuseum, o Museo Nacional Suízo. Ofrece un percorrido da historia do país helvético dende a Prehistoria ata o século XX.
  • Centre Le Corbusier ou Heidi Weber Museum. Localizado á beira do lago de Zürich, está dedicado ao traballo do arquitecto suízo Le Corbusier, na derradeira casa que el deseñou.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zuriqués.
  2. Fernández y Fernández, José Armando (dir. e coord.) (1996). "Zürich". Atlas de Galicia e de España. Grupo Anaya. p. 32 (cuadrícula C6). ISBN 84-207-6594-5. A Real Academia Galega acordou informar favorablemente e respaldar como correctas as solucións lingüísticas ofrecidas no Atlas de Galicia e de España do Grupo Anaya, tanto no que se refiere ó tratamento da toponimia galega, como no que se refiere á adaptación dos topónimos foráneos á lingua galega [sic]. 
  3. Fernández Salgado, Benigno, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1296. ISBN 9788482887524. 
  4. "Zúric". Diccionario enciclopédico galego universal 60. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 127. ISBN 84-7680-429-6. 
  5. "Zúric". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2262. ISBN 978-84-8288-942-9. 
  6. "Zúric". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 542. ISBN 84-7680-288-9. 
  7. "Zúric (zuriqués, zuriquesa)" en Faginas, Sandra; et al. (2002). "galego-topónimos". Libro de estilo de La Voz de Galicia (PDF) (1ª ed.). p. 181. ISBN 84-9757-065-0. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2016. Consultado o 28 de xuño de 2020.  Arquivado 06 de novembro de 2016 en Wayback Machine.
  8. "Zúric" en Rodríguez, Anaír e Davila, Montserrat (2004) Lingua galega: dúbidas lingüísticas pp. 111, 139. UVIGO. ISBN 84-8158-266-2.
  9. Santa María, I. e Massó, N. (2009). "Zúric". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 127, 133 (E1), 134 (B1), 136 (D2). ISBN 978-84-8289-328-0. 
  10. Stadt Zürich, Präsidialdepartement, Statistik Stadt Zürich (setembro 2013). "Ausgabe 2013". Taschenstatistik (19): 15. ISSN 1663-3180. 
  11. "Population chart". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2018. Consultado o 14 de maio de 2009. 
  12. https://www.stadt-zuerich.ch/portal/en/index/portraet_der_stadt_zuerich/zahlen_u_fakten.html
  13. https://www.stadt-zuerich.ch/portal/en/index/portraet_der_stadt_zuerich/zahlen_u_fakten.html
  14. "Statistical Office of the Canton of Zürich". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2008. Consultado o 14 de maio de 2009. 
  15. Population Numbers Flyer (German)[Ligazón morta]
  16. "Gemeinde Zürich:". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2007. Consultado o 14 de maio de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]