(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Zemlya Vilcheka - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Zemlya Vilcheka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaZemlya Vilcheka
Imaxe
TipoIndia Editar o valor en Wikidata
Parte deTerra de Francisco Xosé Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaTerra de Francisco Xosé Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaÓblast de Arjánguelsk, Rusia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMar de Barents Editar o valor en Wikidata
Mapa
 80°35′N 60°30′L / 80.58, 60.5
Bañado porMongolia Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude606 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións47 (ancho) × 57 (lonxitude) km
Superficie2.203 km² Editar o valor en Wikidata

Zemlya Vilcheka (en ruso: Земля Вильчека; Zemlya Vil'cheka, alemán: Wilczek-Land), é unha grande illa localizada que forma parte da Terra de Francisco Xosé, Rusia.

Esta grande illa chámase así polo conde austro-húngaro Johann Nepomuk Wilczek.[1]. O conde Hans Wilczek era o patrocinador máis importante da Expedición Austro-Húngara do Polo Norte á Terra de Francisco Xosé.

Cabo Geller foi o lugar de invernada para dous dos membros da Expedición Welle de 1899 esperando o regreso do seu equipo do polo.

Esta illa non debe ser confundida coa pequena Illa Wilczek, "Остров Вильчека", situada ao suroeste da illa Salm, tamén no grupo de Francisco Xosé e nomeada pola mesma persoa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Wilczek é a segunda illa máis grande do arquipélago Francisco Xosé. É case completamente glaciar excepto por dúas áreas estreitas ao longo das súas ribeiras occidentais. O punto máis alto da illa ten 606 m..

O Cabo Ganza (Mys Ganza) é o cabo máis occidental de Wilczek. A canle ao oeste, entre Wilczek e Gallya, é coñecido como Avstriyskyy Proliv (Австрийский пролив).[2]

Glaciares e cúpulas de xeo

[editar | editar a fonte]

A Kupol Arktirazvedki (Купол Арктиразведки), cúpula de xeo cobre a parte nordés da illa.[3] No lado occidental da cúpula de xeo Arktirazvedki hai dous glaciares, o Glaciar Stremitelny (Lednik Stremitel’nyy) "Glaciar corredor", ao oeste do cal flúe o Glaciar Molochny (Lednik Molochnyy) "Glaciar lácteo", ambos rematan na costa norte.[4]

Máis ao sur a cúpula de xeo de Kupol Tindalya (Купол Тиндаля), chamado así polo glaciólogo irlandés John Tyndall, cobre a área central do leste da illa.[5] Ao sueste dela flúe o Glaciar Znamenity (Lednik Znamenityy), que remata na costa sur, ao leste da cúpula de xeo o Kupol Oblachnyy (Купол Облачный) está situado no extremo sur da illa.[6]

Illas menores adxacentes

[editar | editar a fonte]

A costa da illa está bordeada por varias illas e illotes ribeiregos, sendo os principais:

  • illa Klagenfurt (Остров Клагенфурт), unha pequena illa localizada a uns 9 km da costa, fronte á baía da costa meridional. Esta illa debe o seu nome a Klagenfurt (en esloveno: Celovec), a capital do estado de Carintia.
  • illotes Gorbunova (Острова Горбунова; Ostrova Gorbunova), dous pequenos illotes localizados a menos de 1 km da costa, fronte a un dos cabos do tramo central da costa oriental (80°34′N 62°01′L / 80.567, -62.017), chamados así en honor ao naturalista ruso Gregory Petrovich Gorbunov (1894-1938).[7]
  • un grupo de catro illotes situados a 1´5 km da costa, fronte ao cabo máis meridional da illa, chamados (de NE a SW):
  • illote Derevyannyy (Остров Деревянный; Ostrov Derevyannyy);.
  • illote Davis (Остров Дауэс; Ostrov Daues), nomeado en honor do navegante da Antártida John King Davis.
  • illote Mak-Nulta (Остров Мак-Нульта; Ostrov Mak-Nulta);
  • illote Tillo (Остров Тилло, Ostrov Tillo), nomeado en honor do cartógrafo ucraíno Oleksiy Tillo (1839-1900). Esta illa non debe confundirse coa illa Tillo do mar de Kara.
  1. John Nepomuk Graf Wilchek
  2. "Zemlya Vil’cheka". Mapcarta. Consultado o 6 de outubro de 2016. 
  3. "Kupol Arktirazvedki". Mapcarta. Consultado o 7 de outubro de 2016. 
  4. "Lednik Stremitel’nyy". Mapcarta. Consultado o 7 de outubro de 2016. 
  5. "Kupol Tindalya". Mapcarta. Consultado o 7 de outubro de 2016. 
  6. "Kupol Oblachnyy". Mapcarta. Consultado o 7 de outubro de 2016. 
  7. "Gregory Petrovich Gorbunov". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2008. Consultado o 11 de agosto de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]