CD Cea
CD Cea | |||
---|---|---|---|
Nome | Clube Deportivo Cea | ||
Alcume(s) | O conxunto panadeiro | ||
Fundación | 10 de setembro de 1952 | ||
Estadio | O Lodairo San Cristovo de Cea, Galiza | ||
Inauguración | 1966 | ||
Capacidade | 500 persoas | ||
Propietario | Concello de San Cristovo de Cea | ||
Presidente | Alberto Valladares | ||
Adestrador | Manuel Vázquez “Boroas” | ||
Liga | Terceira Galicia – Grupo 10 | ||
2018–19 | 15º | ||
Vestimenta | Errea | ||
Patrocinador | Pan de Cea | ||
Na rede | |||
[1] | |||
| |||
O Clube Deportivo Cea é un club de fútbol galego de Cea, no municipio ourensán de San Cristovo de Cea. Foi fundado no ano 1966, militando agora na Terceira Autonómica de Galicia Grupo 10. O CD Cea disputa os seus partidos como local no Lodairo situado xusto na cima de Cea con vestiarios, máis de 500 bancadas e un terreo de xogo de céspede artificial. Estas innovacións débense a que no ano 2013 o campo renovouse para construír uns novos vestiarios, para instalar asentos individuais na vella tribuna e para cambiar a antiga terra pola nova herba de artificio do terreo de xogo.
Nas súas vitrinas o CD Cea contén a Copa Deputación de Ourense 1985, a 1984-85 e a 2002-03, un trofeo de Segunda Autonómica e outro de Terceira Autonómica de Galicia. Á parte o CD Cea Xuvenil ten o trofeo da Copa Deputación Xuvenil de Ourense 1994.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]A mediados de século XX o fútbol empezou a cobrar diferenza de cara aos xogos tradicionais e populares converténdose no xogo máis practicado da zona. Como o actual deporte rei era xa o máis importante de cara ao ano 1966 creouse o Clube Deportivo Cea. Ata que no ano 1975 se crearon as primeiras ligas locais, o equipo ceés disputaba encontros amigables contra outros equipos da zona. O primeiro ano que o club ascende a Segunda Autonómica de Galiza descende.
Era dourada
[editar | editar a fonte]Ao ano seguinte de regresar á Terceira Autonómica de Galiza o CD Cea triunfou na liga con 156 goles a favor e a primeira posición. Na campaña que chegou a continuación (a 1983-1984) o conxunto panadeiro conseguiu o ascenso ao rematar segundo só sendo superado polo El 21 e cun rexistro de 105 goles transformados. A tempada 1984/1985 foi a mellor tempada na historia do Clube Deportivo Cea. Nesta campaña o equipo conseguiu o dobrete. O dobrete constou do título de Primeira Autonómica de Galiza con 105 goles anotados e 27 en contra e do único trofeo da Copa Deputación de Ourense gañado no Estadio do Couto 2 goles a 1 contra o CD Allariz.
Crise
[editar | editar a fonte]Ao ano seguinte co ascenso á Preferente Autonómica o club ourensán finalizou último. O CD Cea aguantou tres anos ata que volveu baixar á Segunda Autonómica na que estivo catro anos.
Rexurdimento
[editar | editar a fonte]Na temporada 93/94 o conxunto panadeiro subiu a Primeira Autonómica de novo e o recente equipo xuvenil do CD Cea gañou a Copa Deputación de Ourense Xuvenil 1994 vencer no Couto 1-0 ao CD Ribadavia. Dende este ano mantívose tres anos na Primeira Autonómica ata baixar á Segunda Autonómica e volver descender na mesma campaña. Outra vez ata o 2001/02 continuou o equipo na Primeira Autonómica pero na tempada 2002/03 o CD Cea volveu facerse campión da Primeira Autonómica negando a directiva subir para Preferente Autonómica de Galicia.
Actualidade
[editar | editar a fonte]Na 03/04 o CD Cea militou todo o tempo ininterrompido na Primeira Autonómica de Galiza ata que na campaña 07/08 este equipo baixou á Segunda Rexional. Dende que o Cea descendeu á Segunda Autonómica seguiu ata agora na mesma división. No ano 2011 Manuel Vázquez “Boroas” fundou o EMD Cea, que consta dun equipo alevín e outro infantil. Como na tempada 2012/13 o EMD Cea conseguiu o terceiro posto nas dúas categorías no Campionato Provincial de fútbol sala e o subcampionato da Copa Deputación Infantil de fútbol sala 2013 ao caer 7-0 no Pavillón A Granxa de Verín contra o EDC Verín (campión galego infantil de fútbol sala 2012/13) o EMD Cea creou outro equipo de categoría cadete.