(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Capcom - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Capcom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capcom
Logo
Tipodistribuidora de videoxogos e empresa
Data de fundación30 de maio de 1979
Fundador(es)Kenzō Tsujimoto
Nº de empregados2.832 Editar o valor en Wikidata
Traballos destacadosStreet Fighter II, Gun.Smoke, The King of Dragons, Ghosts'n Goblins, Tiger Road, Final Fight e 1943: The Battle of Midway
Organización subsidiariaBlue Castle Games, Capcom Production Studio 5 e Capcom Production Studio 3
PremiosGolden Joystick Awards − Studio of the Year
SedeChūō-ku, Chūō-ku e Chūō-ku
PaísXapón
Na rede
https://www.capcom.com/, https://www.capcom.co.jp/ e https://capcom-germany.de/
Facebook: capcomusa Twitter: capcom_uk TikTok: capcom.germany Musicbrainz: 602632fb-a937-4473-a160-316ad38f9e19 Songkick: 427230 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Capcom Co. Ltd (株式会社かぶしきがいしゃカプコン Kabushiki-gaisha Kapukon) é unha empresa xaponesa programadora e distribuidora de videoxogos. Foi fundada en 1979 coma unha empresa creadora e distribuidora de máquinas de videoxogos baixo o nome de Japan Capsule Computers. A súa sede atópase en Osaka, Xapón.

O nome de Capcom provén de Capsule Computers. Nos anos 80, Capcom produciu diversos xogos para máquinas recreativas: Vulgus, 1944, Street Fighter e Final Fight. En 1987, produciu Mega Man para NES. En 1989, produciu Ghouls 'N Ghosts para Sega. En 1991 produciu Street Fighter II para máquinas arcade e para SNES. En 1994 lanzou Breath of Fire, un RPG para SNES. En 1996 lanzou o primeiro Resident Evil para PlayStation, PC Windows e Sega Saturn. Na década dos 2000, xa consolidada a compañía, creou novas series incluíndo: Viewtiful Joe, Okami, Onimusha, Dead Rising e outras. Tamén se introduciu no mercado das descargas dixitais a través de Steam e dos móbiles.