CocoRosie
CocoRosie | |
---|---|
Orixe | Estados Unidos |
Período | 2003 - actualidade |
Xénero(s) | Indie, Lo-fi, Folk |
Selo(s) discográfico(s) | Touch and Go Records |
Membros | Sierra e Bianca Casady |
Na rede | |
www.cocorosieland.com | |
CocoRosie é un dúo musical norteamericano formado en 2003.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estilisticamente poderíase clasificar a súa música como indie rock, indie electrónico ou "dream pop". Caracterízanse por un uso da voz rasgada e despreocupada e de sintetizadores que ás veces se reducen a simples sons de xoguetes infantiles. Os seus membros, Bianca e Sierra Casady, son irmás. Ámbalas dúas son vocalistas. Sierra toca a guitarra e a frauta, mentres que Bianca se encarga da percusión.
As dúas irmás naceron en Nova York, pero creceron separadas. Encontráronse en París en 2003 e gravaron xuntas o seu primeiro álbum: La Maison de mon Rêve, que viu a luz no 2004 co selo Touch and Go Records. Durante o 2004 non pararon de dar concertos nos Estados Unidos e Europa, xiras nas que tocaron con grupos como TV on the Radio, Bright Eyes ou Devendra Banhart.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- La maison de mon rêve - 2004 (Touch and Go/Quarterstick Records)
- Noah's Ark (13 de setembro de 2005, Touch and Go/Quarterstick Records)
- The Adventures of Ghosthorse and Stillborn (10 de abril del 2007, Touch and Go)
- Grey Oceans - 2010
- Tales of a GrassWidow - 2013
- Heartache City - 2015
- Put the Shine On - 2020
Ep's
[editar | editar a fonte]- Beautiful Boyz (14 de setembro de 2004, Touch and Go/Quarterstick Records)
- Coconuts, Plenty of Junk Food (2009)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial Arquivado 16 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine.