Jakobstad
Jakobstad (sv) Pietarsaari (fi) | |||||||||||
Alcume | Jeppis | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Jacob De la Gardie (pt) | ||||||||||
Localización | |||||||||||
| |||||||||||
Estado | Finlandia | ||||||||||
Axencia Rexional | Axencia administrativa da rexión finesa central e occidental | ||||||||||
Rexión | Ostrobotnia | ||||||||||
Poboación | |||||||||||
Poboación | 19.475 (2023) (220,01 hab./km²) | ||||||||||
Lingua oficial | lingua sueca (majority language (en) ) lingua finesa (lingua minoritaria) | ||||||||||
Xeografía | |||||||||||
Situado na entidade territorial estatística | Subrexión de Jakobstad | ||||||||||
Parte de | |||||||||||
Superficie | 88,52 km² | ||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||
Datos históricos | |||||||||||
Creación | 1652 | ||||||||||
Evento clave
| |||||||||||
Organización política | |||||||||||
Órgano lexislativo | Jakobstad municipal council (en) , (Escano: 43) | ||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||
Código postal | 68600 | ||||||||||
Fuso horario | |||||||||||
Outro | |||||||||||
Irmandado con | |||||||||||
Páxina web | jakobstad.fi | ||||||||||
Pietarsaari (en finés) ou Jakobstad (en sueco) é unha cidade de Finlandia, situada ao oeste do país, na rexión de Ostrobotnia.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome sueco da cidade significa literalmente Cidade de Xacobe en honor ao nome do home da súa fundadora. A cidade foi fundada no antigo porto da parroquia de Pedersöre e o seu nome pervive no nome sueco do concello, Jakobstad, literalmente Illa de Peter. Pedersöre continúa a ser un concello independente veciño a Pietarsaari.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Pietarsaari está situada na costa oeste de Finlandia, bañada polas augas do golfo de Botnia, cubrindo unha superficie total de 396,35 km², dos cales 304,52 km² son de auga. A altitude do territorio apenas presenta variacións dende a altitude mínima na costa (ao nivel do mar), e a máxima altitude (20 metros sobre o nivel do mar).
Limita cos concellos de Larsmo ao norte, Pedersöre ao sueste, Nykarleby ao suroeste.
A cidade encóntrase a 467 km da capital finlandesa, Helsinqui, a 97 km da capital da rexión, Vaasa, a 234 km de Oulu, a 300 km de Tampere, e a 413 km de Turku.
Poboación
[editar | editar a fonte]A poboación de Pietarsaari en 2013 era de 19.636 habitantes:[1]
Censo total (habitantes) | 19.636 |
Menores de 15 anos | 16,3 % |
Entre 15 e 64 anos | 61,5 % |
Maiores de 64 anos | 22,2 % |
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade foi fundada en 1652 por Ebba Brahe, a viúva do comandante militar Jacob De la Gardie, e fóronlle concedidos privilexios de cidade pola raíña Cristina de Suecia. A cidade foi fundada no antigo porto de Pedersöre.
Nun principio a cidade medrou lentamente, cunhas autoridades que apenas promovían o crecemento demográfico. En 1680 os seus habitantes foron obrigados a trasladarse ás cidades de Karleby (Kokkola), Uleåborg (Oulu) e Nykarleby, mais a orde foi rescindida. As guerras tamén contribuíron ao seu lento crecemento, e a cidade foi invadida polas tropas rusas dúas veces durante a Grande Ira, e grandes partes da cidade foron queimadas. A maioría dos habitantes fuxiron da cidade. Durante os anos '20 do século XVIII, algúns dos antigos habitantes regresaron, e as décadas posteriores marcaron un período de crecemento, a actual igrexa foi construída en 1731.
A base económica da cidade púxose a mediados do século XVIII, coa instalación de industrias fabricantes de alcatrán e unha fábrica de tabaco no seu centro. O comercio empezou a desenvolverse cara 1765, cando as cidades finlandesas do Golfo de Botnia recibiron o privilexio por parte da coroa sueca de comerciar directamente con outros países. Isto tamén levou a que a industria naval se convertera nunha das principais actividades de Pietarsaari. Os primeiros barcos en navegar con bens a outros países foron a galeaza Jacobstads Wapen e o bergantín Enigheten. O comercio e a construción naval fixeron de Pietarsaari unha cidade próspera, e un destacado home de negocios do tempo foi o comerciante e armador Adolf Lindskog, que tamén se converteu nun dos homes máis ricos de Finlandia.
Os principios do século XIX foron un tempo de axitación, que viviu a guerra de 1808-1809 entre Suecia e Rusia, así como un grande incendio en 1835 que destruíu cerca da metade da cidade. A pesar disto, o progreso económico continuou, e despois de 1850 fundáronse na cidade unha fábrica de cervexa, unha fábrica de mistos, e varios bancos. En 1859, o comerciante e armador Peter Malm comezou un serradoiro a vapor, que foi a segunda instalación destas características en Finlandia. A Guerra de Crimea foi un importante revés para a industria naval a causa do bloqueo británico que reduciu a produción naval de 26 barcos a 9.
Empresarios importantes do século XIX foron Otto Malm e Wilhelm Schauman, fundaron unha fábrica de chicoria (sucedáneo do café) na cidade en 1883. Este momento é xeralmente considerado como o inicio da industrialización en Pietarsaari. En 1900, a fábrica de tabaco Strengberg era o maior empregador en Pietarsaari.
Durante a Guerra Civil Finlandesa houbo na cidade unha escola de artillaría. No transcurso da segunda guerra mundial, a cidade foi bombardeada unha vez polos bombardeiros soviéticos, causando algunhas baixas. Ata a década dos '60, a cidade foi maioritariamente suecofalante, mais como consecuencia da expansión industrial dos anos '60 e '70, a necesidade de man de obra adicional provocou unha grande afluencia de falantes de finés. A cidade segue a ser bilingüe cun 56% de falantes de sueco e un 40% de falantes de finés.[2]
Política
[editar | editar a fonte]Os últimos resultados electorais deixaron a composición da cámara municipal do seguinte xeito:[3]
- Svenska folkpartiet i Finland: 18
- Suomen Sosialidemokraattinen Puolue: 9
- PRO: 5
- Suomen Kristillisdemokraatit: 4
- Vasemmistoliitto: 3
- Kansallinen Kokoomus: 1
- Perussuomalaiset: 1
- Suomen Keskusta: 1
- Vihreä liitto: 1
Lingua
[editar | editar a fonte]A cidade de Pietarsaari é bilingüe en finés e sueco, cunha ampla maioría de falantes suecos con arredor dun 56 %. Por linguas a distribución da poboación en 2012 era a que segue:[1]
- Lingua finesa: 37,7 %
- Lingua sueca: 56,0 %
- Outras: 6,3 %
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- A Casa do Concello de Pietarsaari é un edificio histórico da cidade construído en 1875. A aparencia actual do edificio data de 1890.
- Pietarsaari é o lugar de orixe da galeaza Jacobstads Wapen, unha réplica a tamaño real realizada entre 1987 e 1992, baseada nos debuxos orixinais de 1755 feitos polo construtor naval sueco Fredrik Henrik af Chapman.[4]
- O Jakobstad Museum é o principal museo da cidade, concéntrase na historia marítima e na construción naval.
- O museo ártico de Nanoq está situado fóra de Pietarsaari.
- Pietarsaari conta co único museo adicado á chicoria de Finlandia. Está situado na antiga fábrica de chicoria do século XIX, e familiariza aos visitantes coa produción de chicoria, cos inicios da carreira industrial de Wilhelm Schaumans, así como experimentar as auténticas condicións dunha antiga fábrica. O museo de Pietarsaari acolle tamén mostras de arte e outros eventos.
- O xardín botánico de Skolparken (literalmente "o xardín da escola"), con aproximadamente 1.000 especies de plantas, é recoñecido como un dos xardíns botánicos máis ao norte do mundo e pola súa arquitectura clásica de parque. O parque foi rematado en 1932. A fundación foi promovida pola familia Schauman, que quería honrar a memoria de Elise e Viktor Schauman. O parque foi deseñado polo famoso arquitecto de parques finlandés Bengt Schalin.
- Skata é unha zona residencial protexida próxima ao centro da cidade que data de 1783. A partir de finais do século XIX, Skata converteuse nun barrio de mariñeiros. Na década de 1890, converteuse nunha zona de clase traballadora, residindo nela a maior parte dos traballadores da fábrica de tabaco de Strengberg.
Deporte
[editar | editar a fonte]Deportivamente destaca na cidade o FF Jaro, que xoga na máxima categoría do fútbol finlandés, a Veikkausliiga. O FC United, da liga de fútbol feminina, colleitou moitos éxitos nos últimos anos.
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]- Asker, Noruega
- Birkerød, Dinamarca
- Bünde, Alemaña
- Eslöv, Suecia
- Garðabær, Islandia
- Jamestown, Estados Unidos
- Jūrmala, Letonia
- Söderhamn, Suecia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Väestö iän (1-v.), sukupuolen ja kielen mukaan alueittain 1990–2012, laaja alueluokitusryhmittely[Ligazón morta]
- ↑ ""Population according to language and the number of foreigners and land area km2 by area as of 31 December 2008"". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2009. Consultado o 27 de decembro de 2021.
- ↑ Yle: Kunnallisvaalit 2012 tulospalvelu Yleisradio
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2005. Consultado o 25 de decembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jakobstad |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en finés) (en sueco) (en inglés)