(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Talayuela - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Talayuela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTalayuela
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°59′10″N 5°36′35″O / 39.986, -5.6096
EstadoEspaña
Comunidade autónomaEstremadura
ProvinciaProvincia de Cáceres Editar o valor en Wikidata
CapitalTalayuela (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación7.273 (2023) Editar o valor en Wikidata (31,76 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie229 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude287 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónMarcos o Evanxelista Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataIsmael Bravo Díaz (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal10310 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE10180 Editar o valor en Wikidata

Páxina webtalayuela.es Editar o valor en Wikidata

Talayuela é un concello estremeño, situado no nordés da provincia de Cáceres. O seu xentilicio (en lingua castelá) é talayuelanos.

O nome de Talayuela procede de Atalayuela, diminutivo da palabra castelá de orixe árabe atalaia, que significa "torre de vixilancia". Para rememorar o nome antigo da vila decidiuse hai uns anos chamar Atalaya ao equipo de fútbol local.

Núcleos de poboación

[editar | editar a fonte]
Nome oficial Pob. (2007)
La Barquilla 463
Barquilla de Pinares 367
El Centenillo 46
Palancoso 116
Pueblonuevo de Miramontes 867
Santa María de las Lomas 668
Talayuela 6.073
Tiétar 982
TOTAL 9.582

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Talayuela está situada no nordés da comunidade autónoma de Estremadura, no val do río Tiétar, afluente importante do río Tajo, e pertence á comarca do Campo Arañuelo, ao pé da comarca de La Vera.

A orografía da zona é practicamente chaira, propia dun val, estando a súa altitude nuns 364 metros por encima do nivel do mar. Talayuela posúe un grande e fértil piñeiral, ademais de numerosas aciñeiras convertidas en devesas de aproveitamento polo ser humano.

Tamén posúe numerosas charcas de importancia, as cales son refuxio e avituallamento elemental para numerosas especies da zona e para aves migratorias, que atopan nestas terras un refuxio ideal e ben provisto de alimentos.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación é de 9.582 habitantes (INE 2007), incluíndo aqueles que residen nas súas leiras e terreos próximos. Destes 10 432 habitantes, máis de 2.000 pertencen a distintas pedanías do concello que están en proceso de independencia administrativa. Esta cifra foi aumentando considerablemente nos últimos anos debido á chegada de novos poboadores en busca de traballo, de tal xeito que en Talayuela xa residen habitantes de 22 nacionalidades, os cales superan o 33 % da poboación actual.

Economía

[editar | editar a fonte]

Caracterízase pola súa dependencia do cultivo do tabaco, aínda que nos últimos anos este sufriu un importante declive, ao desaparecer as axudas (primas) da Comunidade Económica Europea. En Talayuela hai outros cultivos de importancia, entre os que destaca en primeiro lugar o cultivo do espárrago, do cal se benefician numerosas familias, xa que existen na zona dúas conserveiras de importancia. Tamén se cultivan o pemento, o tomate e o millo, aínda que en menor medida e con menor importancia.

Coa decadencia do cultivo do tabaco, estanse buscando outras alternativas, como o cultivo do azafrán, o algodón ou o café. De feito, estes dous últimos cultivos dábanse na zona antes da chegada do tabaco.

As familias de Talayuela, moitas delas inmigrantes, viven en torno ao cultivo dos seus campos, baseándose toda a súa economía no cultivo do tabaco e o espárrago, e posto que ambos os cultivos teñen campañas de recolección diferentes, un mesmo traballador poden aproveitar ambas, co que son poucos os meses nos que un traballador está sen ocupación, aínda que moitos inmigrantes combinan estas campañas coa recolección da uva ou a laranxa noutras comunidades.

É tal a importancia do cultivo do tabaco en Talayuela que, dado que a súa campaña de recolección ten lugar en época estival, axudou a moitos mozos a custearse os seus estudos, traballando en época de vacacións e cursando os seus estudos no inverno.

Talayuela xurdiu no século XVI a partir de Plasencia e construíuse neste mesmo século a igrexa de San Martiño, que desde un punto de vista arquitectónico é o monumento máis notable.

Está situada na comarca do Campo Arañuelo, nome que segundo os historiadores provén de campo rañuelo, da palabra empregada antigamente na zona para designar as afloracións de pedras de granito, rañas.

Os comezos dos primeiros poboadores foron difíciles, debido á enfermidade do paludismo, moi estendida pola zona.

As festas máis importantes deste municipio son a fin de semana máis próxima ao 25 de abril, festividade de San Marcos e o 15 de agosto, festividade da Virxe da Asunción.

A Federación Estremeña de Golf abriu as portas dun dos campos de golf con máis proxección da comunidade de Estremadura o 28 de maio de 2005. Construído segundo o deseño de Severiano Ballesteros, respectando ao máximo a contorna natural, este campo, cun percorrido de 18 buratos (posiblemente, nun futuro, de 36), converteuse nun dos centros de lecer máis importantes das comarcas do Campo Arañuelo e La Vera. Debido ao coidado que se tivo en conservar a natureza e a contorna de denso arboredo na súa construción, máis as posibilidades que pode ofrecer o devandito campo, Talayuela converterase na sede da futura escola de golf de Estremadura.

O campo de golf proximamente estará dotado dun hotel de 4 estrelas, que mellorará aínda máis as posibilidades turísticas do municipio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]