(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Éxica - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Éxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÉxica

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento610 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte15 de novembro de 702 Editar o valor en Wikidata (91/92 anos)
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Rei dos visigodos
687 – 702
← ErvixioWitiza → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCixilo Editar o valor en Wikidata
FillosOppas, Flávio Sizibuto de Coimbra, Witiza Editar o valor en Wikidata
ParentesVamba
Ervixio, cuñado Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Egica-1

Éxica[1], nado cara ao 610 e finado en 702, foi un rei visigodo en Hispania.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi coroado o 24 de novembro de 687 na Igrexa dos Santos Apóstolos de Toledo. Estaba casado coa filla do seu antecesor, Ervixio.

Ervixio obrigou a Éxica a protexer á súa familia baixo xuramento, pero Éxica movido polo odio que sentía cara á súa familia política non tardou en intentar liberarse desa imposición. Así no XV Concilio de Toledo, que se inaugurou na Igrexa dos Santos Apóstolos o 11 de maio de 688, Éxica mantivo a imposibilidade de cumprir o xuramento que o obrigaba a defender a familia real e, ao mesmo tempo, o real que o obrigaba a prestar xustiza ao pobo; porque reparar as inxustizas ao pobo supoñía reverter aos seus auténticos donos os bens espoliados pola casa real. O concilio resolveu que ambos xuramentos eran complementarios, pois nada impedía castigar aos culpables, aínda que se lles dese protección aos inocentes.

Non contento co resultado, Éxica convocou un Sínodo de Bispos en Zaragoza o 1 de novembro de 691, revogando parcialmente o concilio e permitindo man libre coa familia real a Éxica. Así e todo, isto non evitou os conflitos coa nobreza e a igrexa, especialmente lonxe da Tarraconense, onde se encontraba máis protexido.

Os rebeldes chegaron a colocar no trono a Suniefredo (692), pero o rei reuniu tropas, regresou a Toledo e tomouna polas armas, impoñendo novamente a súa autoridade. Para dar lexitimidade á súa acción, convocou o XVI Concilio de Toledo en 693, o cal permitiu a confiscación dos bens dos sublevados e a súa incorporación ao tesouro real. A sé do Bispado de Toledo e a de Sevilla quedaron en mans de homes leais ao rei.

Lexislación

[editar | editar a fonte]

Tratou de modificar a lexislación anterior, en especial o Código de Recesvinto, con sorte dispar, nun intento por consolidar o trono. Ditou unha serie de normas contra os xudeus apoiadas nunha Lei civil e ratificadas no XVII Concilio de Toledo. Co Tomo Rexio reactívase a política antixudea, e contén tanto leis anteriores como novas, principalmente centradas no ámbito económico, como a prohibición de comerciar ou o incremento dos impostos; e no social: Disgregación de comunidades xudías e obrigación de entregar o fillo á idade de 7 anos a unha familia cristiá. Pero hai serias dúbidas de que estas leis se levasen á práctica con carácter xeral. Éxica procurouse o apoio da igrexa para evitar que á súa morte, a súa familia sufrise unha persecución similar á que el dispensara ao seu antecesor.

Sucesión

[editar | editar a fonte]

O 15 de novembro de 700 Éxica nomeou sucesor o seu fillo Witiza, a quen se lle confiou o goberno de Galiza, onde ao parecer estableceu a súa residencia real en Tui. Parece que Witiza tivo dende entón a consideración de rei pleno, e os dous anos seguintes foron chamados de “goberno conxunto” (nas moedas Regni concordia). Nesta época prodúcese un desembarco bizantino no Levante e tanto a peste coma as malas colleitas fan que se creen focos de tensión e revoltas. Witiza quedou como rei único trala morte de Éxica en 702.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Ervixio
Rei dos visigodos
687702
Sucesor:
Witiza