AS Monaco Basket
AS Monaco | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Pro A / Euroliga |
Alcume | Roca Team |
Fundación | 1928 |
Cores | Vermello, branco, ouro |
Presidente | Alexey Fedorychev |
Adestrador | Saša Obradović |
Vestimenta | Peak |
Localización | |
Cidade | Fontvieille, Mónaco |
Pavillón | Salle Gaston Médecin |
Capacidade | 4 090 |
Inauguración | 1985 |
Campionatos | |
Eurocup | 1 (2021) |
asmonaco.basketball |
O Association Sportive de Monaco é un equipo de baloncesto profesional con sede na cidade de Fontvieille, Mónaco. O equipo, parte do club polideportivo AS Monaco, compite actualmente na LNB Pro A, a máxima categoría do baloncesto francés, e na Euroliga. Disputa os seus partidos como local na Salle Gaston Médecin, un pavillón con capacidade para 4 090 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1928, uns catro anos despois de que se fundase o club deportivo AS Monaco, é creada a súa sección de baloncesto. Un dos seus primeiros éxitos chegou na temporada 1949−50, ano no que finalizaron como subcampións do Championnat de France de basket-ball, máxima competición do baloncesto galo. O equipo, tras finalizar primeiro do Grupo B e chegar á final do campionato, perdeu no partido definitivo xogado o 23 de abril de 1950 en París por 52−40 ante o ASVEL. Tras descender a cateogrías inferiores, en 1973 o equipo consegue finalizar primeiro da Segunda División. Tras o ascenso á máxima categoría, no seu primeiro ano finalizan en noveno lugar, sendo invitados para xogar na seguinte temporada a Copa Korać. Con todo, son eliminados na fase de grupos ante o ASVEL, o Levski Sofia e o AMG Sebastiani.[1]
Na década de 1980 o equipo de Mónaco convértese nun dos contendentes ao título, chegando a ser subcampións de Francia en 1983, tras perder na final por 96−81 ante o Limoges CSP. Esa mesma temporada volveran xogar na Copa Korać, onde perderon no Top 16 ante o Dinamo Moscova. En 1985 chega ao equipo o ex-NBA Robert Smith, que chega a ser omeado MVP do All-Star da liga francesa en 1987. Despois da saída de Smith do club, o Monaco descende de categoría, primeiro á Segunda Divisón e pouco despois á Nationale 1. Tras vagar pola Nationale 2, cuarta división, o equipo ascende desde 2012 até 2015 de forma consecutiva até regresar á Pro A. Nos seus tres primeiros anos após o retorno á elite, o equipo finaliza e terceiro, quinto e segundo lugar. Ademais, volve a xogar de novo en Europa, finalizando terceiro e segundo nas dúas primeiras edicións da Basketball Champions League. Na temporada 2020−21 o club consegue o seu primeiro gran título europeo ao gañar a EuroCup. Este título permitiu o debut do club na Euroliga, onde acadou na súa primeira participación o sétimo posto, sendo eliminados nas eliminatorias de cuartos de final polo Olympiacos por 3−2.
Ano a ano
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Leaders Cup | Competicións europeas | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2008–09 | 4 | NM2 | 9º | |||||
2009–10 | 4 | NM2 | 7º | |||||
2010–11 | 4 | NM2 | 1º | |||||
2011–12 | 4 | NM2 | 1º | |||||
2013–14 | 3 | NM1 | 1º | Rolda de 64 | ||||
2014–15 | 2 | Pro B | 1º | Rolda de 16 | ||||
2015–16 | 1 | Pro A | 3º | Cuartos de final | Campión | |||
2016–17 | 1 | Pro A | 5º | Cuartos de final | Campión | 3 Champions League | 3º | 17–4 |
2017–18 | 1 | Pro A | 2º | Cuartos de final | Campión | 3 Champions League | 2º | 17–4 |
2018–19 | 1 | Pro A | 2º | Cuartos de final | 2 EuroCup | T16 | 9–7 | |
2019–20 | 1 | Pro A | 1º | Cuartos de final | Semifinais | 2 EuroCup | CF | 10–6 |
2020–21 | 1 | Pro A | 4º | Cuartos de final | 2 EuroCup | 1º | 17–6 | |
2021–22 | 1 | Pro A | 2º | Semifinais | 1 Euroliga | CF | 15–13 |
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Títulos
[editar | editar a fonte]- Campións (1): 2021
- Campións (2): 1973, 2015
- Subcampións (1): 1983
Supercopa de Francia
- Campións (3): 2016, 2017, 2018
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Historique". ASMonacoBasket.com (en francés). Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2018. Consultado o 21 de setembro de 2018.