Abridor
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
O abridor é un trebello metálico utilizado para abrir botellas retirando a chapa. O principio do abridor consiste nun resalte que se insire na base da chapa a modo de cuña e un mango co que se exerce unha acción de panca. Pola súa grande utilidade, constitúe un obxecto habitual de regalo e de merchandising, por exemplo, para envasadores de bebidas que incorporan o seu logotipo ou imaxe no mango.
Tipos
[editar | editar a fonte]Entre os diferentes tipos de abridor, pódense destacar:
- O abridor de mango curto moi propio da hostalaría pois pódese transportar no peto. O seu movemento é de atrás a adiante esixindo maior esforzo e habilidade que os de mango longo. Tamén pode ser pregable combinado cun tirarrollas ou integrado nunha navalla suíza.
- O abridor con cabeza arredondada cuxo movemento de apertura é de adiante a atrás. Por veces, combínase cun sacarrollas de ás.
- O apegado a unha parede ou integrado nun recipiente que se emprega para recoller as chapas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Combinado cun tirarrollas.
-
Abridor combinado cun sacarrollas de ás.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abridor |