Aeróbic
Aparencia
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/74/Exercices_d%27a%C3%A9robic.jpg/220px-Exercices_d%27a%C3%A9robic.jpg)
O aeróbic é unha modalidade ximnástica con acompañamento musical que consiste nunha serie de exercicios que facilitan a osixenación dos pulmóns e o funcionamento do sistema cardiovascular, logo do libro Aerobics do oficial das forzas aéreas Kenneth H. Cooper(1968) o aeróbic fíxose popular entre as mulleres, e máis aínda despois da publicación dun vídeo de exercicios producido por Jane Fonda, que se converteu nun dos máis vendidos da historia[1]. Existe tamén unha modalidade de competición denominada oficialmente ximnasia aeróbica[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ María Martín Aerobic y fitness: fundamentos y principios básicos. Lib Deportivas Esteban Sanz, 2000, páxina 21
- ↑ "A ximnasia aeróbica na web da Federación Internacional de Ximnasia". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2009. Consultado o 06 de outubro de 2009.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aeróbic |