Aero High
Aparencia
Aero High | |
---|---|
país de orixe | Australia[1] |
Tamaño | |
altura | 6,4 m[1] |
diámetro | 0,26 m[1] |
masa | 400 kg[1] |
Etapas | 2[1] |
Lanzamento históricos | |
Estado | Retirado[1] |
exitosos | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Aero High foi un modelo de foguete sonda australiano de dúas etapas desenvolvido a principios dos anos 1960 e alimentado por propelente sólido.[1]
Características
[editar | editar a fonte]O foguete consistía nunha primeira etapa Gosling IV e unha etapa superior Vela[1] e era capaz de alcanzar unha altura de 200 km.
En total lanzáronse doce Aero High, todos en misións de aeronomía (en particular, o estudo da quimioluminiscencia na atmosfera) desde o polígono de lanzamento de Woomera, en Australia, cinco deles errados. O primeiro foi lanzado o 1 de xullo de 1964 e o último o 1 de xaneiro de 1972.[1]
Aero High foi substituído como foguete sonda polo Corella.