Aio
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Compañeiro profesional | Ibor: Ibor and Aio (en) |
Familia | |
Fillos | Axelmundo |
Nai | Gambara |
Irmáns | Ibor |
Aio (ou Axio) foi o primeiro rei mítico dos longobardos xunto co seu irmán Ibor. Os dous reis guiaron o seu pobo desde a Escandinavia natal ata a costa meridional do Mar Báltico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A existencia dunha diarquía nas orixes máis remotas do pobo, entre mito e historia, reflicte unha estrutura de poder común entre os soberanos xermánicos: todos os fillos tiñan o mesmo dereito á sucesión e a miúdo existían formas de cogoberno cando se escollían dous irmáns ao mesmo tempo.
Segundo o mito das orixes do pobo longobardo transmitidas por Paulo Diácono na súa Historia Langobardorum, (na sección onde recolle os mitos fundacionais do seu pobo, a Origo gentis Langobardorum), Ibor e Aio, fillos da raíña Gambara, conduciron aos longobardos (naquela época chamados Winnilos) a unha área da actual Alemaña setentrional: quizais na foz do río Elba, quizais fronte á illa de Rügen.
Os longobardos atopáronse cuns novos veciños: os vándalos, pero, na batalla decisiva, Ibor e Aio venceron; a lenda conta que a súa vitoria decretouna o deus Odín, convencido pola súa muller Frigg á que se dirixira Gambara.
Unha tradición posterior fai de Aio o pai de Axelmundo, rei dos longobardos a finais do século IV.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos Longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Moano 1992).
- Origo gentis Langobardorum, ed. G. Waitz in Monumenta Germaniae Historica SS rer. Lang.
- Jörg Jarnut. Storia dei Longobardi. Torino, Einaudi, 2002. ISBN 8846440854
- Sergio Rovagnati, I Longobardi (Moano, Xenia 2003)