Air Nostrum
Air Nostrum | ||
---|---|---|
IATA YW | OACI ANE | Indicativo NOSTRUM AIR |
Fundación | 23 de maio de 1994 | |
Aeroporto principal | Aeroporto de Valencia | |
Plan de voo frecuente | Iberia Plus | |
Alianza | Oneworld (afiliada) | |
Frota | 40 | |
Destinos | 70 | |
Páxina web: airnostrum.com |
Air Nostrum Líneas Aéreas del Mediterráneo, comunmente coñecida pola versión curta Air Nostrum, é unha aeroliña con sede en Valencia, España, que opera como franquía de Iberia baixo o nome Iberia Regional Air Nostrum. Ademais é a compañía líder da aviación rexional española, realiza uns 350 voos ao día e a súa frota está composta por 65 avións de nova xeración. A compañía opera voos domésticos e con 7 países de Europa e Norte de África e ao longo de 2008 transportou máis de 5 millóns de pasaxeiros.
Características
[editar | editar a fonte]Obtivo varios premios, sendo a única rexional europea (xunto a Binter Canarias) en obter 4 veces o premio, na súa categoría Ouro, á Aeroliña do Ano, outorgado por ERA (European Regions Airline Association), e en obter a Palma de Ouro, distinción a perpetuidade, da mesma asociación, á Excelencia Sostida, única aeroliña que actualmente a posúe.
Tamén ofrece voos chárter privados. A súa base de mantemento e de operacións atópase no aeroporto de Valencia, pero conta con bases importantes nos aeroportos de Madrid-Barajas e Barcelona, así como bases secundarias nos aeroportos de Almería, Bilbao, Málaga-Costa do Sol, Palma, Pamplona, Donostia, Santander, Sevilla e Vitoria. Os seus voos regulares operan baixo código de Iberia (voos con códigos IB8XXX), polo xeral en rutas cuxa demanda non xustifica o uso dos avións de maior capacidade, ou en rutas rexionais que requiren unha alta frecuencia, como as conexións entre illas en Baleares ou Melilla coa península.
Frota
[editar | editar a fonte]Actual
[editar | editar a fonte]En decembro de 2020 a frota de Air Nostrum estaba formada polos seguintes avións:[1]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|---|
ATR 72-600 | 11 | — | 72 | |
Bombardier CRJ200 | 8 | — | 50 | |
Bombardier CRJ900 | 4 | — | 90 | |
Bombardier CRJ1000 | 28 | — | 100 | |
Total | 51 | — |
Histórica
[editar | editar a fonte]Avión | Total | Introducido | Retirado | Notas |
---|---|---|---|---|
ATR 42 | 2 | 1997 | 2003 | |
BAe 146 | 4 | 2000 | 2007 | |
Dash 8-300 | 34 | 2001 | 2014 | |
Fokker 50 | 55 | 1994 | 2006 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Air Nostrum Fleet Details and History". www.planespotters.net. Consultado o 2020-12-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Air Nostrum |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Air Nostrum (en inglés) (en castelán)
- Datos sobre a frota de Air Nostrum (en varias linguas)