Aleksandr Kerenskii
Nome orixinal | (ru) Александръ Ѳедоровичъ Керенскій |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de abril de 1881 (Xuliano) Ulianovsk, Rusia |
Morte | 11 de xuño de 1970 (89 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Putney Vale Cemetery (pt) |
Primeiro ministro de Rusia | |
21 de xullo de 1917 – 7 de novembro de 1917 ← Georgy Lvov – Lenin → | |
Member of the State Duma of the Russian Empire (en) | |
Membro da Asemblea Constituínte Rusa | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Educación | Facultade de Dereito da Universidade Estatal de San Petersburgo |
Actividade | |
Lugar de traballo | San Petersburgo |
Ocupación | político, avogado, revolucionario |
Empregador | Universidade Stanford |
Partido político | Partido Social-Revolucionario Partido Laborista (Rusia) |
Participou en | |
1964 | Radio Canada International (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Lydia Tritton (1939–) Olga Kerensky (–1939) |
Fillos | Oleg Kerensky () |
Pai | Fedor Kerensky |
Descrito pola fonte | 1922 Encyclopædia Britannica (en) Obálky knih, |
Aleksandr Fedorovich Kerenskii (en ruso: Александр Фёдорович Керенский), nado en Simbirsk o 22 de abril de 1881 (2 de maio segundo o calendario gregoriano) e finado en Nova York o 11 de xuño de 1970,[1][2] foi un político socialdemócrata, avogado e un líder revolucionario ruso, que desempeñou un papel primordial no derrocamento do réxime tsarista en Rusia. Foi o segundo primeiro ministro do goberno provisional instaurado trala Revolución de Febreiro. Foi quen de facer fracasar o golpe de Kornilov, pero non puido evitar a Revolución de Outubro na que os bolxeviques tomaron o poder.
Mocidade
[editar | editar a fonte]Aleksandr Kerenskii nado en Simbirsk (agora Ulianovsk) preto do río Volga, na familia do director do colexio de secundaria, Fedor Kerenskii, cuxo pai foi un sacerdote da Igrexa ortodoxa rusa. A súa nai, Nadezhda Adler, foi filla do nobre, Alexander Adler.
O pai de Kerenskii foi o director de Vladimir Ulianov (Lenin) na escola secundaria para nenos de Simbirsk, e varios membros da familia de Kerenskii e Ulianov eran amigos. En 1889, cando Kerenskii tiña oito anos, a súa familia mudouse a Tashkent, onde o seu pai fora designado como inspector principal dos colexios públicos. Kerenskii graduouse con honores na escola secundaria de Tashkent en 1899. O mesmo ano ingresou na Universidade de St. Petersburgo, onde estudou historia e filoloxía no primeiro ano. Ó ano seguinte cambiou para o departamento de Leis e recibiu o graduado en 1904. Traballou como conselleiro legal das vítimas da violencia do goberno en 1905. A finais de decembro de 1905, foi encarcerado so sospeita de que pertencía a un grupo militante. Gañou reputación polo seu traballo como avogado defensor nos xuízos contra revolucionarios.
Foi elixido para a Cuarta Duma en 1912 como membro dos Trudoviks, un partido laborista moderado que estaba asociado ó Partido Social-Revolucionario. Foi un brillante orador chegando a ser o líder da oposición contra o réxime do tsar Nicolao II
Revolución de Outubro de 1917
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Levantamento Kerenskii-Krasnov e Revolución de Outubro.
Kerenskii distribuíra armas ós traballadores de Petrogrado, e en outubro moitos destes traballadores convertéranse en bolxeviques. Entre o 25 de outubroxul./ 7 de novembrogreg. e o 26 de outubroxul./ 8 de novembro de 1917greg. os bolxeviques lanzaron a segunda Revolución Rusa do ano. O goberno de Kerenskii en Petrogrado case non tiña apoios na cidade. Só un pequeno rexemento de mulleres, loitaban contra os bolxeviques para salvaren o goberno, pero estes tomaron o control sen daren nin un só disparo en menos de 20 horas.
Kerenskii escapou dos bolxeviques e marchou cara a Pskov, onde atopou algúns fieis para un intento de recuperar a capital. As tropas avanzaron ata Tsarskoie Selo, pero foron derrotadas ó día seguinte en Pulkovo. Kerenskii fuxiu e pasou os seguintes días escondido ata que conseguiu saír do país e chegar á Francia. Durante a guerra civil rusa non apoiou a ningún dos dous bandos, os bolxeviques e os Brancos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diciopedia do século 21 2. 2006. p. 1.169.
Kerenski, Alexander Feódorovich Político ruso (1881-1970)
- ↑ DEGU 36. 2003. p. 24.
Kerenskij, Aleksandr F'odorovič (Simbirsk, actual Uljanovsk 1881 - Nova York 1970) Político...
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aleksandr Kerenskii |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Predecesor: Georgii Lvov |
Presidente do Goberno Provisional 1917 (21 de xullo - 8 de novembro) |
Sucesor: Vladimir Lenin |