Aleksandr Litvinenko
Nome orixinal | (ru) Александр Литвиненко |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de agosto de 1962 Voronezh, Unión Soviética |
Morte | 23 de novembro de 2006 Londres, Reino Unido |
Causa da morte | homicidio, envenenamento radioativo (pt) |
Lugar de sepultura | cemiterio de Highgate |
País de nacionalidade | Ruso |
Relixión | Islam |
Educación | Q25390998 (–1985) |
Q89547790 | Oficial fuxitivo do servizo secreto ruso (KGB) |
Actividade | |
Campo de traballo | Servizo de intelixencia e Espionaxe |
Ocupación | Escritor e xornalista |
Carreira militar | |
Rama militar | Soviet Internal Troops (en) , KGB, Federal Counterintelligence Service (en) e FSB |
Rango militar | podpolkovnik (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Marina Litvinenko |
Cronoloxía | |
1 de novembro de 2006-23 de novembro de 2006 | poisoning of Alexander Litvinenko (en) |
Descrito pola fonte | Lentapedia (full versions) (en) Lentapedia |
Aleksandr Valterovich Litvinenko, nado o 30 de agosto de 1962 en Voronezh,[1][2] (4 de decembro segundo o seu pai) e finado o 23 de novembro do 2006 en Londres, foi un oficial fuxitivo do servizo secreto ruso (KGB), que se especializou en investigación do crime organizado.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En novembro de 1998, Litvinenko e outros oficiais da KGB acusaron publicamente aos seus superiores de ordenarlles o asasinato do magnate ruso Boris Berezovsky. Litvinenko foi arrestado en marzo do ano seguinte con cargos de exceder a autoridade do seu cargo. Foi liberado en novembro de 1999, pero arrestóuselle de novo e os cargos foron retirados novamente en 2000. Voou coa súa familia a Londres onde se lle outorgou asilo e traballou como xornalista, escritor e consultor dos servizos de intelixencia británica.
Durante a súa estancia en Londres, Litvinenko escribiu dous libros, Blowing Up Russia: Terror from Within e Lubyanka Criminal Group (Explotando Rusia: Terror desde dentro) e (Grupo Criminal Lubyanka), onde acusou aos servizos secretos rusos de colocar bombas en apartamentos rusos e doutros actos terroristas como un esforzo para facer chegar a Vladimir Putin ao poder. Tamén acusou a Putin de ordenar o asasinato da xornalista rusa Anna Politkovskaya en outubro de 2006.
Envelenamento e morte
[editar | editar a fonte]O 1 de novembro de 2006, Litvinenko enfermouse repentinamente e foi hospitalizado no que se estableceu como un caso de envelenamento radioactivo por polonio-210 que resultou na súa morte o 23 de novembro. Converteuse na primeira vítima letal de polonio por unha síndrome de radiación agudo.[4] Os eventos que levaron á súa morte son froito de controversia, levantando numerosas teorías en relación ao envelenamento. Unha investigación británica apuntaba a Andrey Lugovoy, un membro do Servizo Federal de Seguridade de Rusia, como o principal sospeitoso. Reino Unido demandou que Lugovoy fose extraditado, o cal está en contra da Constitución de Rusia, que claramente prohibe a extradición de cidadáns rusos sen entregar ao goberno ruso calquera evidencia relacionada co caso.[5] Rusia negou a extradición, levando a un arrefriado das relacións entre o Reino Unido e Rusia.
Despois da morte de Litvinenko, a súa viúva, Mariña, realizou unha vigorosa campaña a favor do seu esposo por medio da Fundación de Xustiza Litvinenko. En outubro de 2011, obtivo autorización para que se realizase unha investigación sobre a morte do seu esposo, que sería levada a cabo por un coronel en Londres, a cal foi atrasada varias veces por problemas relacionados á evidencia.[6] Unha investigación pública comezou o 27 de xaneiro de 2015.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Penketh, Anne (25 de novembro de 2006).
- ↑ Russia Today (ed.). "Aleksandr Litvinenko". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2010. Consultado o 6 de abril de 2010.
- ↑ Вальтер Литвиненко: «Сегодня моему сыну исполнилось бы 44», Вальтер Александрович Литвиненко, 4 декабря 2006 г., ChechenPress
- ↑ Guinness World Records: First murder by radiation:
On 23 November 2006, Lieutenant Colonel Alexander Litvinenko, a retired member of the Russian security services (FSB), died from radiation poisoning in London, UK, becoming the first known victim of lethal Polonium 210-induced acute radiation syndrome. - ↑ Chapter 2.
- ↑ "Alexander Litvinenko: Government refuses calls for public inquiry into death". The Independent (Londres). 12 de xullo de 2013. Consultado o 14 de xullo de 2013.
- ↑ "Alexander Litvinenko murder inquiry opens in high court". The Guardian. 27 de xaneiro de 2015. Consultado o 27 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Litvinenko inquiry (en inglés)