(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Aletta Jacobs - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Aletta Jacobs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAletta Jacobs

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(da) Aletta Henriëtte Jacobs Editar o valor en Wikidata
9 de febreiro de 1854 Editar o valor en Wikidata
Sappemeer, Países Baixos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte10 de agosto de 1929 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Baarn, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNoorderstraat 19 (en) Traducir (1858–1874) Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Groningen Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica, editora literaria, activista pola paz, activista polos dereitos das mulleres, sufraxista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoLiga do Pensamento Livre Democrático (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeCarel Victor Gerritsen Editar o valor en Wikidata
IrmánsCharlotte Jacobs
Eduard Jacobs Editar o valor en Wikidata
ParentesHans Teengs Gerritsen, sobriño Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonte1001 Vrouwen uit de Nederlandse geschiedenis (en) Traducir, (sec:791)
Canon of Dutch History (en) Traducir
1001 vrouwen in de 20ste eeuw (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Jacobs-5465

Aletta Henriëtte Jacobs, nada o 9 de febreiro de 1854 en Sappemeer e finada o 10 de agosto de 1929, foi unha doutora neerlandesa e activista a prol do dereito das mulleres ao voto.[1] Nacida na aldea de Sappemeer (Holanda), contribuíu a avances en diversos campos como a medicina, o sufraxio das mulleres e a loita polas clases máis desfavorecidas. Ademais dos logros acadados na súa traxectoria, está considerada a primeira muller que cursou estudos universitarios en Holanda, e a primeira muller en obter o título de doutora en medicina nos Países Baixos.[2]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Aletta Jacobs naceu o 9 de febreiro de1854, filla de Abraham Jacobs e Anna de Jongh, a oitava de doce irmáns. O seu pai, un médico rural xudeu, espertaría nela o interese polo eido da medicina. Xa dende nena, adoitaba acompañar ao seu pai nas súas visitas médicas, e velo exercer a práctica médica influiría na súa vocación de converterse en doutora.

Malia que o seu soño era converterse en médico coma o seu pai, o acceso á educación para as mulleres no século XIX nos Países Baixos non era tarefa doada. Jacobs finalizou os estudos primarios en 1867, mais naquela época non se permitía ás mulleres matricularse no instituto. Isto non foi obstáculo para Jacobs, que continuou coa súa formación e aprobou en 1870 o exame de axudante de farmacia. O recoñecemento que acadou animouna a escribir ao primeiro ministro dos Países Baixos, o liberal J.R. Thorbecke, solicitando autorización para acceder á universidade. O 28 de abril de 1871, Thorbecke respondeu cunha carta dirixida ao seu pai, Abraham Jacobs, onde comunicaba o permiso para que a Aletta se matriculara na Universidade de Groningen. O 8 de marzo de 1879, Jacobs graduouse na universidade, converténdose así na primeira muller en obter o título de medicina na historia dos Países Baixos.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Despois de se graduar, Jacobs mudouse a Londres, onde entraría en contacto con moitas feministas e activistas a prol do sufraxio universal e os dereitos reprodutivos. Na capital británica recibiría a influencia de novas ideas, entre as que cómpre destacar o uso de anticonceptivos para mulleres coa fin de previr embarazos non desexados.[3] Posteriormente, trasladouse a Ámsterdam onde estableceu a súa propia clínica para atender ás clases desfavorecidas que non tiñan recursos para asistir a médicos convencionais. Moitas mulleres facíanlle consultas sobre métodos anticonceptivos, e Jacobs  comezaría a buscar solucións, traballando co profesor e xinecólogo neerlandés W.P.J. Mensinga, que fora profesor seu, para mellorar e perfeccionar o diafragma (tamén coñecido como "pesario oclusivo" ou de Hasse-Mensinga) que este deseñara había uns anos. Aínda que a invención do diafragma se atribúe tan só a  W.P.J. Mensinga,[4] as contribucións e modificacións de Aletta Jacobs ao deseño orixinal foron fundamentais para facelo útil na práctica.[4]

O sufraxio das mulleres, pacifismo e falecemento

[editar | editar a fonte]
Congreso de Paz das Mulleres na Haia, 1915: Mia Boissevain, Thora Daugaard, Fanny Fern Andrews, Jane Addams, Rosa Manus, Aletta Jacobs, Chrystal Macmillan, Kathleen Courtney, Emely Arensen e Anna Kleman.

Despois de asistir á reunión do Consello Internacional das Mulleres en Londres en 1899, Jacobs decidiu deixar a práctica médica e adicarse en exclusiva ao traballo activista polo sufraxio das mulleres. En 1915, após o comezo da primeira guerra mundial, Jacobs organizou un Congreso Internacional de Mulleres na Haia.[5] Durante a guerra continuou traballando a prol do dereito das mulleres ao voto e mesmo até a súa morte continuou participando en diversas conferencias. No seu país, os Países Baixos, as mulleres conquistaron o dereito ao voto o 9 de agosto de 1919.[6] Aletta Jacobs faleceu en Baarn, Países Baixos, o 10 de agosto de 1929.

Está incluída no Canon de historia holandesa, elaborado por un comité encabezado por Frits van Oostrom e presentado ao Ministro de Educación, Cultura e Ciencia en 2006. O Canon consta de cincuenta artigos e ten como obxectivo proporcionar un resumo cronolóxico da historia holandesa para o ensino primario e os primeiros dous anos de secundaria nos Países Baixos. A versión revisada, que segue incluíndo a Aletta Jacobs, foi presentada ao goberno holandés o 3 de outubro de 2007.

O seu arquivo persoal foi entregado en doazón ao Atria Instituto de igualdade de xénero e historia das mulleres, unha biblioteca pública e instituto de investigación de Ámsterdam.[7]

  • Memories: My Life as an International Leader in Health, Suffrage, and Peace.
  1. "Aletta Henriette Jacobs | Jewish Women's Archive". jwa.org. Consultado o 30 de outubro de 2015. 
  2. Windsor, Laura Lynn (2002). ABC-CLIO, ed. Women in Medicine: An Encyclopedia. Santa Barbara, CA, USA. p. 107-108. ISBN 1576073920. 
  3. "Aletta Jacobs". Spartacus Educational. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Jacobs, Aletta – FREE Jacobs, Aletta information | Encyclopedia.com: Find Jacobs, Aletta research". www.encyclopedia.com. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  5. Kramer, Ann (2014). Pen and Sword, ed. Conscientious Objectors of the First World War: A Determined Resistance. Barnsley, UK. pp. 16–17. ISBN 184468119X. 
  6. The Women Suffrage Timeline Arquivado 16 de decembro de 2018 en Wayback Machine. Women [sic] Suffrage and Beyond.
  7. Atria.nl: The collection’s history

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]