(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Alexander von Nordmann - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Alexander von Nordmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlexander von Nordmann
Nome orixinalAlexander Davidovič von Nordmann
Biografía
Nacemento24 de maio de 1803
Kotka, Gran Ducado de Finlandia, Imperio ruso
Morte25 de xuño de 1866
Helsinqui, Gran Ducado de Finlandia, Imperio ruso
Causa da morteinsuficiencia cardíaca
País de nacionalidadefinlandesa[1]
EducaciónAcademia Imperial de Turku
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Helsinqui
Berlín
Odesa Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, zoólogo, parasitólogo, botánico, paleontólogo, explorador, e profesor de secundaria e de universidade
EmpregadorUniversidade de Helsinqui
Membro de
Linguaalemán, francés
Obra
Abreviación dun autor en botánicaNordm. Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeAnna Helen Blunk Editar o valor en Wikidata
PaiDavid Anton von Nordmann Editar o valor en Wikidata
IrmánsBoris Nordmann Editar o valor en Wikidata
Premios
Véxase o texto

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
New Encyclopedic Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Alexander von Nordmann, nado en Kotka, Gran Ducado de Finlandia, o 24 de maio de 1803, e finado en Helsinqui, foi un biólogo finlandés de orixe sueca, e súbdito do Imperio ruso, que contribuíu notablemente á zooloxía, especialmente á parasitoloxía, a botánica, así como a paleontoloxía.[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nordmann era fillo de David Anton von Nordmann, un oficial do exército ruso desrinado na fortaleza de Ruotsinsalmi, preto de Kotka, no sueste de Finlandia. Comezou os seus estudos académicos na Academia Imperial de Turku e, nese momento, tamén actuou como conservador das coleccións entomolóxicas. En 1827 continuou os seus estudos en Berlín co famoso parasitólogo e anatomista Karl Rudolphi. O seu primeiro traballo importante foi a descrición microscópica de decenas de vermes parasitos e crustáceos, dos ollos e outros órganos de peixes e outros animais, incluído o home. Entre eles figuraba o enigmático platihelminto monoxéneo Diplozoon paradoxum.[2]

En 1832 publicou un traballo no que describe setenta especies de helmintos (vermes) parasitos do home e doutros vertebrados. Pasou a ser, o 22 de xaneiro dese mesmo ano, profesor de historia natural no "Liceo Richelieu" de Odesa. Visitou, en 1833, Crimea, e casou coa súa prima Anna Helen Blunk. En 1834 obtén o posto de conservador das árbores froiteiras e das plantas ornamentais do Xardín botánico de Odesa, e da Escola Central de Xardinaría a el asociada. Participou en varias expedicións e recolleu exemplares de historia natural no sur de Rusia e rexións adxacentes. Máis tarde, en 1849, foi nomeado profesor de Zooloxía e Botánica na Universidade Imperial Alexander de Finlandia (Universidade de Helsinqui). Morreu de insuficiencia cardíaca o 25 de xuño de 1866.[3]

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Mikrographische Beiträge zur Naturgeschichte der wirbellosen Thiere I - II. Berlin 1832
  • Voyage dans la Russie méridionale et la Crimée, par la Hongrie, la Valachie et la Moldawie, exécuté en 1837, sous la Direction de M. Anatole de Demidoff. III. Observations sur la Faune pontique. París 1840
  • Histoire naturelle des animaux sans vertèbres. III. Entozoa. París 1840
  • Versuch einer Natur- und Entwickelungsgeschichte des Tergipes Edwardsii. - Mémoires présentés à l'Académie Impériale des Science de St. Petersbourg IV. St. Petersburg 1845
  • Palaeontologie Südrusslands I - IV. 1858 - 1860
  • Membro da Academia Leopoldina, sección Zooloxía, ano 1855.[4]
  • Membro da Academia Real de Medicina de Bélxica

Epónimos

[editar | editar a fonte]

O cladócero Evadne nordmanni, o abeto de Nordmann ou abeto do Cáucaso (Abies nordmanniana) Spach,[5] e polo menos outras sete especies e un xénero (Nordmannia) recibiron o seu nome na súa honra.[2][3]

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]
  • A abreviatura Nordm. emprégase para recoñecer a Alexander von Nordmann como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[6]
  • A abreviatura Nordmann emprégase para recoñecer a Alexander von Nordmann como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
  1. O Gran Ducado de Finlandia era unha entidade autónoma do Imperio ruso.
  2. 2,0 2,1 2,2 Leikola, A. (2001): [https://kansallisbiografia.fi/kansallisbiografia/henkilo/3571 "Nordmann, Alexander von (1803-1866) - eläintieteen professori, todellinen valtioneuvos". Kansallisbiografia. SKS Biografiakeskus.
  3. 3,0 3,1 3,2 David M. Damkaer (2002):) "Copepods decoded". En The Copepodologist's Cabinet: A Biographical and Bibliographical History, Volume 1. Memoirs of the American Philosophical Society, Volume 240. American Philosophical Society. ISBN 978-0-87169-240-5, pp. 253–271.
  4. Alexander D. von Nordmann Arquivado 26 de agosto de 2021 en Wayback Machine. na páina web da Leopoldina.
  5. Hist. Nat. Vég. (Spach) 11: 418. 1841 [1842, publ. 25 de dec. 1841] (IK).
  6. Nordm. – Alexander (Davidovič) von Nordmann (1803-1866) no IPNI.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Eckart, Roloff (2010): "Nordmann – der Name passt perfekt. Die Tanne, die nach Alexander von Nordmann benannt ist, brachte es zum populärsten Weihnachtsbaum. Er selbst ist heute fast vergessen. Wer war dieser Mann?" En: Landwirtschaftliche Zeitschrift Rheinland, 177 (51): 53–54.
  • Fischer von Waldheim, Gotthelf (1842): "Glareola Nordmannni, Fisch. (Brief des Hrn. v. Nordmann an den Vizepraesidenten der Gesellschaft)". En: Bulletin de la Société impériale des naturalistes de Moscou 15: 314–320.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]