Ana Kalandadze
Nome orixinal | (ka) ანა კალანდაძე |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de decembro de 1924 Khidistavi (República Socialista Soviética de Xeorxia) |
Morte | 11 de marzo de 2008 (83 anos) Tbilisi (Xeorxia) |
Causa da morte | doenza cerebrovascular |
Lugar de sepultura | Pantheon de Mtatsminda (pt) |
Educación | Universidade Estatal de Tbilisi (pt) |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, tradutora, escritora |
Familia | |
Cónxuxe | Shalva Mchedlishvili |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Asian Women Artists: A Biographical Dictionary, 2700 BCE to Today (en) |
Ana Kalandadze, nada en Chokhatauri o 15 de decembro de 1924 e finada en Tbilisi o 11 de marzo de 2008, foi unha poeta xeorxiana .
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia campesiña na aldea de Khidistavi da rexión de Guria. Formouse no instituto de Kutaisi ata 1941 e logo continuou estudos de filoloxía na Universidade Estatal de Tbilisi para graduarse en linguas caucásicas en 1946. Os seus primeiros poemas publicounos nas revistas Literatura da khelovneba e Mnatobi no ano da súa graduación. Dende 1952 traballou como investigadora principal no departamento de lexicoloxía do Instituto de Lingüística Arnold Chikobava da Academia de Ciencias de Xeorxia. En 1953 apareceu a súa primeira colección de poemas e sucesivas recolleitas da súa poesía apareceron en 1958, 1960, 1967 e 1976. Publicou máis de 700 poemas[1] nun estilo elaborado con rimas sutiles e curtas, raramente con máis de oito versos, e un lirismo persoal, que acadaron moita popularidade dende o comezo[2] e moitos deles transformáronse en cancións populares. Dende 1993 foi académica da Academia de Ciencias de Xeorxia.
Traduciu ao xeorxiano a Stéphane Mallarmé e Aleksandr Pushkin entre outros poetas clásicos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Donald Rayfield (2013). The Literature of Georgia: A History. Routledge. p. 274.
- ↑ "100 Poems". Georgian National Book Center.