(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Ana Mendieta - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Ana Mendieta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAna Mendieta

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1948
A Habana, Cuba
Morte8 de setembro de 1985
Nova York
ResidenciaA Habana
Nova York Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeCubana, estadounidense
Grupo étnicoImigração cubana nos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Iowa - Intermídia (pt) Traducir (–1977) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPerformance (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Nova York Editar o valor en Wikidata
OcupaciónPerformance, escultura, videoarte
Período de actividade1972 Editar o valor en Wikidata - 1985 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato, performance (pt) Traducir, Videoarte e autorretrato Editar o valor en Wikidata
MovementoArte feminista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RepresentanteGalerie Lelong (en) Traducir e Electronic Arts Intermix (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCarl Andre Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1961Operação Pedro Pan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteUbuWeb
Broad Strokes (en) Traducir
Latinas in the United States: A Historical Encyclopedia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm5675454 BNE: XX1726593 WikiTree: Mendieta-22 Editar o valor en Wikidata

Ana Mendieta (A Habana, 18 de novembro de 1948Nova York, 8 de setembro de 1985) foi unha artista conceptual, escultora, pintora e videoartista cubana. É recoñecida polas súas obras de arte "earth-body art".

Primeiros anos e exilio

[editar | editar a fonte]

Ana Mendieta naceu na Habana nunha prominente familia da política e a sociedade cubana.[1] Aos 12 anos de idade, Ana e a súa irmá Raquelin (de 14 anos) foron enviadas aos Estados Unidos polos seus pais, que desexaban fuxir do réxime de Fidel Castro. Esta saída realízase no marco da denominada Operación Peter Pan, un programa de colaboración entre o goberno dos Estados Unidos e a rede de caridade Catholic Charities. Así, as irmás Mendieta pasaron as súas primeiras semanas nos campamentos de refuxiados, para logo trasladarse a varias institucións e fogares de acollida en Iowa.[2] En 1966, Ana reuniuse coa súa nai e o seu irmán máis novo, mentres que o seu pai uniuse a eles en 1979, logo de estar en prisión pola súa participación na operación militar cubana chamada Invasión de Baía de Cochinos.

Educación

[editar | editar a fonte]

Mendieta asistiu á Universidade de Iowa onde obtivo unha licenciatura, unha mestría en pintura, un máster en Belas Artes en Intermedia baixo a instrución do aclamado artista Hans Breder. Ao longo da súa carreira, fixo traballos en Cuba, México, Italia, e os Estados Unidos.

Vida e traballo

[editar | editar a fonte]

As obras de Ana Mendieta foron autobiográficas e enfocadas a temas como o feminismo, a violencia, a vida, a morte, o lugar e a pertenza. Mendieta concentrouse nunha relación física e espiritual coa Terra, moi especialmente na súa serie «Silueta» (1973-1980). Dita serie implicou a representación de siluetas femininas na natureza —en barro, area e herba— con materiais naturais que ían desde follas e ramas, até sangue, imprimíndoo no seu corpo ou pintando a súa silueta nunha parede.

En 1983 Mendieta foi galardoada co Premio de Roma da Academia estadounidense en Roma. Durante a súa residencia en Roma, Mendieta comezou a crear «obxectos» de arte, incluíndo debuxos e esculturas. Seguiu utilizando elementos naturais nas súas obras.

Ana Mendieta faleceu o 8 de setembro de 1985 en Nova York debido a unha caída desde o seu apartamento no piso 34 de Greenwich Village, onde viviu co seu esposo, o escultor minimalista Carl Andre uns oito meses.[3] Xusto antes da súa morte, os veciños ouviran a parella discutindo violentamente, aínda que non houbo ningunha testemuña que visualizase o altercado.[4][5] Andre foi xulgado e absolto do cargo de asasinato. Durante os tres anos de xuízo, o avogado de Carl Andre describiu a morte de Mendieta como un posíbel accidente ou suicidio.

Silueta (1973-1980)

[editar | editar a fonte]

Cando comezou coa súa obra «Silueta» na década de 1970, Ana foi unha das/os moitos artistas que experimentaron con xéneros emerxentes como Land Art, Body Art e Performance. Posibelmente Ana Mendieta sexa a primeira persoa en combinar os devanditos xéneros, creando un novo, ao que bautizou como esculturas «earth-body».[6] A miúdo, utilizou o seu corpo espido para explorar e conectarse coa Terra, como se ve na súa obra Imagen de Yagul, da serie Silueta en México, 1973-1977. A primeira vez que Mendieta utilizou sangue para facer arte foi en 1972, cando creou a obra Sin título (Muerte de un pollo), na cal estaba o seu corpo espido diante dunha parede branca sostendo polos seus pés un pito acabado de decapitar con sangue salpicado no seu corpo espido.[7] Consternada pola brutal violación e asasinato de Sara Ann Otten, unha estudante de enfermaría da Universidade de Iowa, Ana untouse con sangue e atouse a unha mesa no ano 1973, convidando á audiencia a dar testemuño.[8] Na obra People Looking at Blood Moffitt (1973), unha serie de fotografías, na cal hai na verea un trapo con sangue derramado e un tránsito de xente aparentemente interminábel que camiña observando o sangue sen deterse, ata que o home do lado (a vidreira da tenda leva o nome H.F. Moffitt) sae para limpalo.

Mendieta tamén creou a silueta feminina utilizando a natureza como o seu lenzo e o seu medio. Utilizou o seu corpo para crear siluetas na herba, na area e na sucidade e de lume. Untitled (Ochún) (1981), chamada así pola deusa das augas de Santería, que unha vez sinalou cara ao sur desde a costa de Key Biscayne, Florida. Ñañigo Burial (1976), cun título tomado do nome popular dunha irmandade relixiosa afro-cubana, é un conxunto de candeas negras no chan que forma o contorno do corpo da artista.[9] A través destas obras, que cruzan as fronteiras da performance, o cine e a fotografía, Mendieta exploraba a súa relación co lugar, así como unha relación maior coa Nai Terra ou a figura da «Gran Deusa».[10]

Mary Jane Jacob suxire no seu libro Ana Mendieta: The "Silueta" Series (1973-1980) que gran parte do traballo de Mendieta foi influenciado polo seu interese na relixión Santería, así como unha conexión con Cuba. Jacob atribúe ao «uso ritualístico do sangue» e o uso da pólvora, a terra e as rochas aos tradicionais rituais da Santería. Jacob tamén sinala a importancia da figura da nai, referíndose á deidad maya Ix Chel, a nai dos deuses.

Fotolitografía de Esculturas rupestres (1981)

[editar | editar a fonte]

Como se documenta no libro Ana Mendieta: A Book of Works, editado por Bonnie Clearwater, antes da súa morte, Mendieta estaba a traballar nunha serie de foto-gravados de esculturas rupestres que creara en Escaleras de Jaruco, do parque estatal de Jaruco na Habana.[11] As súas esculturas tituláronse Esculturas rupestres (1981), e o libro de gravados fotográficos estaba a ser creado para preservar estas esculturas, como un testamento da intertextualidade da súa obra. Clearwater explica como as fotografías de esculturas de Mendieta eran a miúdo tan importantes como a peza que se documentaba, xa que a natureza do traballo de Ana era moi efémero. Mendieta dedicou moito tempo e pensamento na creación das fotografías como o fixo nas propias esculturas.

Ana Mendieta regresou á Habana, Cuba, o lugar do seu propio nacemento e do nacemento deste proxecto, pero seguía explorando o seu sentido do desprazamento e a perda, segundo Clearwater. As Esculturas rupestres que creou tamén estiveron influenciadas polo pobo taíno (habitantes nativos das Antillas prehispánicas), que foi estudado por ela.

Mendieta completara cinco foto-gravados das Esculturas rupestres antes da súa morte en 1985. O libro Ana Mendieta: A Book of Works, publicado en 1993, contén dúas fotografías das esculturas, así como notas de Mendieta sobre o proxecto.

Body Tracks (1982)

[editar | editar a fonte]

Body Tracks (Rastros corporais) son marcas longas e borrosas feitas polas mans e os antebrazos de Ana Mendieta, cando esvarou por un anaco grande de papel branco durante unha actuación principal con pulsante música cubana.[12]

Exhibicións

[editar | editar a fonte]
Salón «da arte feminina», coa presentación de fotografías das artistas Ana Mendieta, Cindy Sherman e Helena Almeida, entre outras. Traballos presentados no Museo Colección Berardo de Lisboa, 2006.

En 1979 Ana Mendieta presentou unha exposición individual das súas fotografías no A.I.R. Gallery de Nova York. O Novo Museo de Arte Contemporánea (New Museum of Contemporary Art) en Nova York exhibiu a primeira obra de Mendieta en 1987. Desde a súa morte, Ana foi recoñecida internacionalmente con exposicións retrospectivas de museo como «Ana Mendieta», no Instituto de Arte de Chicago (2011); «Ana Mendieta en contexto: trabajo público y privado», de La Cruz Colección, Miami (2012).[13] En 2004 o Museo Hirshhorn e Xardín de Esculturas en Washington D. C., organizou «Earth Body, escultura e performance», unha gran retrospectiva que viaxou ao Museo Whitney de Arte Americana de Nova York, Des Moines Art Center de Iowa, e ao Museo de Arte de Miami de Florida (2004).

Coleccións

[editar | editar a fonte]

Os traballos de Ana Mendieta destácanse en moitas coleccións públicas importantes, como o Museo Solomon R. Guggenheim, o Museo Metropolitano de Arte, Museo Whitney de Arte Estadounidense, Museo de Arte Moderna de Nova York, o Instituto de Arte de Chicago, o Centro Pompidou de París, o Museo de Arte Moderna e Contemporánea de Xenebra, e o Tate Modern de Londres.

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Subvención da National Endowment for the Arts, Washington (1977);
  • Subvención de Creative Arts Program Services, Fundación das Artes de Nova York (1979);
  • Bolsa da Fundación John Simon Guggenheim (1980);
  • Subvención de New York State Council on the Arts (1982);
  • Bolsa da National Endowment for the Arts Fellowship, Washington (1982);
  • Premio de Roma, Academia estadounidense de Roma, Italia (1983);
  • Premio en Artes visuais, Southeastern Center for Contemporary Art (SECCA), Winston-Salem (1984);
  • Premio á traxectoria en Artes visuais (Lifetime Achievement Award) pola Fundación Cintas (2009).

Mercado da arte

[editar | editar a fonte]

Os bens de Ana Mendieta están xestionados pola Galería Lelong de Nova York. Os mesmos están tamén representados por Alison Jacques Gallery de Londres.

Controversia sobre a súa morte

[editar | editar a fonte]

Ana Mendieta morreu o 8 de setembro de 1985 tras caer do seu apartamento, situado no piso 34 de Greenwich Village 300 Mercer Street, onde vivía co seu marido, o escultor minimalista Carl Andre.[14][14] Xusto antes da súa morte, a súa veciñanza escoitou á parella discutindo violentamente.[15] Non houbo testemuñas visuais dos eventos precedentes á morte de Mendieta.[16] Unha gravación de Andre ao 911 rexistrouno dicindo: "A miña esposa é unha artista, e eu son un artista, e tivemos unha pelexa sobre o feito de que eu estaba máis, eh, exposto ao público que ela. E ela foise á habitación, e eu seguina, e ela tirouse pola xanela".[17] En 1988, Andre foi levado a xuízo e absolto do asasinato de Mendieta. Durante tres anos de procedementos legais, o avogado de Andre describiu a morte de Mendieta como un posíbel accidente ou suicidio.[16] O xuíz non atopou a Andre culpábel aducindo a que había unha dúbida razoábel.

A absolución causou un escándalo entre as feministas do mundo da arte, e continúa permanecendo discutida até hoxe. En 2010, un simposio chamado Where Is Ana Mendieta [Onde está Ana Mendieta?] tivo lugar na Universidade de Nova York para conmemorar o 25 aniversario da súa morte.[18] O 14 de maio de 2014, o grupo feminista No wave Performance Task Force puxo en escena unha protesta fronte ao Dia Art Foundation, onde tiña lugar unha retrospectiva de Carl Andre.[19] O grupo depositou un montón de sangue animal e intestinos fronte ao establecemento, coas manifestantes en chándales transparentes con "Desexo que Ana Mendieta seguise viva" escrito sobre eles. En marzo de 2015, o No Wave Performance Task Force e un grupo de poetas feministas de Nova York viaxaron a Beacon, Nova York, para protestar pola retrospectiva de Andre no Día (Beacon), onde berraron intensamente na galería principal, fixeron siluetas na neve dos terreos do museo e tinxiron a neve con pemento, sprinkles e sangue falso.[20]

  1. Leslie Camhi (20 de xuño de 2004), Her Body, Herself New York Times.
  2. "Ana Mendieta". Museo Guggenheim (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2013. Consultado o 15 de novembro de 2017. 
  3. Swanson, Carl (1 de abril de 2012). "Maximum Outrage Over Minimalist Sculptor". New York Magazine (en inglés). 
  4. Wilson, William (18 de febreiro de 1998). "Haunting Works From Cuban Exile Mendieta". Los Angeles Times (en inglés). 
  5. Vincent, Patrick (10 de xuño de 1990). "A DEATH IN THE ART WORLD". The New York Times (en inglés). www.nytimes.com. p. 24. 
  6. Mendieta, Ana; Jacob, Mary Jane (1991). Ana Mendieta: The "silueta" Series, 1973-1980 (en inglés). Galerie Lelong. pp. 3, 4, 10, 14, 17. 
  7. "Untitled (Rape Scene), Ana Mendieta, 1973". Tate Modern (en inglés). Londres. 
  8. Larson, Kay (16 de febreiro de 2001). "ART IN REVIEW; Vito Acconci and Ana Mendieta -- A Relationship Study, 1969-1976". The New York Times. p. 39. 
  9. Camhi, Leslie (20 de xuño de 2004). "ART; Her Body, Herself". The New York Times. p. 31. 
  10. Blocker, Jane (1999). Where is Ana Mendieta?: Identity, Performativity, and Exile (en inglés). Duke University Press. ISBN 9780822323242. 
  11. Mendieta, Ana; Clearwater, Bonnie (1993). Ana Mendieta: a book of works. Grassfield Press. pp. 11, 12, 18, 20. Consultado o 14 de abril de 2013. 
  12. "ART REVIEW : Mendieta Exhibit Reveals Lush, Primal Power - Los Angeles Times". Los Angeles Times. 
  13. Ana Mendieta Arquivado 01 de novembro de 2017 en Wayback Machine. Alison Jacques Gallery, London.
  14. 14,0 14,1 Carl Swanson (1 de abril de 2012), Maximum Outrage Over Minimalist Sculptor New York Magazine.
  15. William Wilson (18 de febreiro de 1998), Haunting Works From Cuban Exile Mendieta Los Angeles Times.
  16. 16,0 16,1 Vincent Patrick (10 de xuño de 1990), A Death In The Art World New York Times.
  17. Sullivan, Ron (12 de febreiro de 1988). "Greenwich Village Sculptor Acquitted of Pushing Wife to Her Death". The New York Times. Retrieved 13 de febreiro de 2015.
  18. Sneed, Gillian (12 de outubro de 2010). "The Case of Ana Mendieta". Art In America. Retrieved 13 de febreiro de 2015
  19. Steinhauer, Jill (20 de maio de 2014). "Artists Protest Carl Andre Retrospective With Blood Outside Dia: Chelsea". Hyperallergic. Retrieved 13 de febreiro de 2015.
  20. Crawford, Marisa (10 de marzo de 2015). "Crying for Ana Mendieta at the Carl Andre Retrospective". Hyperallergic.com.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]