Anselmo López Carreira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 (72/73 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | historiador, profesor de ensino secundario |
Familia | |
Cónxuxe | Chus Pato |
Fillos | Catuxa López Pato, Sabela López Pato |
Premios | |
Anselmo López Carreira, nado en Vigo en 1951, é un historiador e profesor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado (1976) e doutorado (1994) en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Historia no IES María Soliño de Cangas, logo de ter traballado en Celanova, Verín, Santiago, Barcelona e Hannover. É tamén profesor titor da UNED en Ourense, catedrático de secundaria e historiador ligado ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.
Anselmo López é autor dunha ampla obra ensaística de investigación histórica, centrada na historia medieval de Galicia. Tamén é coautor de varias historias xerais de Galicia (1979, 1991, 1996 e 1997). Foi o encargado do asesoramento histórico do xogo de rol en vivo Irmandiños: a revolta (2006-2008)[1] e comisariou a exposición Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia, inaugurada en Ourense en febreiro de 2009.
En 2022 foi o comisario científico do I Congreso Internacional sobre o Reino Medieval de Galicia, organizado pola Deputación da Coruña e celebrado do 19 ao 22 de setembro no Museo do Pobo Galego.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- A revolución irmandiña (1987), Ourense, Galiza editora. ISBN 84-86129-13-3
- Os irmandiños: textos, documentos e bibliografía (1991), A Nosa Terra.
- Ourense no século XV: economía e sociedade urbana no Baixa Idade Media (1991), Vigo, Xerais. ISBN 84-7507-571
- De Ourense medieval, rexistro de Xoán García, notario do Concello de Ourense, do ano 1484 (1992), Museo Arqueolóxico de Ourense.
- Padróns de Ourense do século XV Fontes estatísticas para a historia medieval de Galicia (1995), Consello da Cultura Galega.
- Martiño de Dumio: a creación dun reino (1996), Vigo, Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-044-1
- A cidade de Ourense no século XV: sociedade urbana na Galicia baixomedieval (1998), Ourense, Deputación de Ourense. ISBN 84-87575-60-9
- O pleito das fortalezas da cidade de Ourense (1455-1456) (1998), Ourense, Museo Arqueolóxico Provincial. ISBN 84-88522-06-1
- O Reino de Galiza (1998), A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas S.A., ISBN 84-89976-43-0.
- Cangas na Idade Media. Estudio e documentación (1999), concello de Cangas.
- A cidade medieval galega (1999), A Nosa Terra.
- Os reis de Galicia (2003), A Nosa Terra. ISBN 84-96203-27-1.
- O reino medieval de Galicia (2005), A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, ISBN 84-96403-54-8. 2.ª edición en 2008 e 3.ª en 2020 (Blukk Editora Nacional)
- Libro De Protocolos De Xoán García, Notario De Ourense (Ano 1490) (2007), CSIC, Madrid, ISBN 8400086023 / 84-00-08602-3 EAN 9788400086022.
- Ourense monumental (2008), A Nosa Terra.
- Historia de Galicia (2013), Xerais. ISBN 978-84-9914-532-7.
- O Miño. Un caudal de historia (2015), Xerais. ISBN 978-84-9914-779-6.
- Arte e escritura na Galicia medieval. Séculos VI-X (2019). Xerais. 176 páxs. ISBN 978-84-9121-561-5.
Edicións
[editar | editar a fonte]- Libro de notas de Álvaro Afonso: Ourense, 1434, 2001, Consello da Cultura Galega. 2ª edición en 2005.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Historia de Galicia (1979), AN-PG.
- Historia de Galicia (1992), A Nosa Terra.
- Historia Xeral de Galicia (1997), A Nosa Terra.
- História compacta do Reino da Galiza (c. 1997), Galiza Nova.
- Da terra de Lemos ao Reino de Galicia, en colaboración con Sabela López Pato (2009), Xunta de Galicia.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009), Difusora.
- Historia das historias de Galicia (2016), Xerais.
- Estudos sobre o Foro de Pontevedra (1169) (2019), concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-11015-5.
- O Panteón Real (2019), concello de Santiago de Compostela.
- O Reino medieval de Galicia: Crónica dunha desmemoria, con Xosé Miguel Andrade Cernadas (2020), Xerais.
- Como levar unha vida honesta (2023), Consello da Cultura Galega.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio AELG 2006 de ensaio pola obra O reino medieval de Galicia.[3]
- Premio Ignacio Cerviño á Recuperación do Patrimonio do concello de Cangas en 2018.[4]
- 36 Premio Antón Lousada Diéguez 2021, por O Reino medieval de Galicia: Crónica dunha desmemoria.[5]
- A súa conversa con Orgullo Galego sobre a historia do Reino de Galicia foi galardoada co premio do público na edición do ano 2021 de Youtubeir@s.[6]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estivo casado coa poeta Chus Pato, coa que tivo dúas fillas: a historiadora da arte Sabela López Pato e a tradutora Catuxa López Pato.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O desquite da Santa Irmandade". El Correo Gallego. 23 de setembro de 2006.
- ↑ "O Congreso". O Reino Medieval de Galicia.
- ↑ "Os escritores distinguen a cinco autores por sendas obras do 2005". La Voz de Galicia. 6 de maio de 2006.
- ↑ "Anselmo López: "As sociedades avanzadas coidan máis do seu patrimonio"". Faro de Vigo. 17 de maio de 2018.
- ↑ "Os premios Losada Diéguez reivindican a figura do escritor ourensán na súa 36.ª edición". La Voz de Galicia. 2021-06-13. Consultado o 2022-04-24.
- ↑ "Os V Premios Youtubeiras xa teñen gañadores/as". Consello da Cultura Galega. 29 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anselmo López Carreira |