Antonio Durán "Morris"
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Antonio Segundo Durán Moreiras 9 de xullo de 1959 (65 anos) Vigo, España |
Outros nomes | Morris |
Actividade | |
Ocupación | actor, presentador, actor de dobraxe |
Período de actividade | 1978 - |
Familia | |
Parella | Enma Pino |
Premios | |
| |
Antonio Segundo Durán Moreiras, nado en Vigo o 9 de xullo de 1959, é un actor galego, máis coñecido como "Morris".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ten unha longa experiencia interpretativa en teatro, e é un dos rostros máis coñecidos das producións audiovisuais galegas. Fixo varios anuncios publicitarios, ademais de participar en series de televisión e películas de ámbito estatal con papeis secundarios.
Foi actor e presentador en diversos programas da TVG desde que esta comezara as súas emisións nos anos 80. Especialmente popular fíxoo o seu papel de Antón na serie Pratos combinados, que interpretou durante máis dunha década.
En teatro traballou en dúas ducias de obras desde 1978, especialmente para o Centro Dramático Galego e para a compañía Artello, da que foi fundador. En 2011 participou na obra O florido pénsil.
Filmes
[editar | editar a fonte]- Continental (1990), de Xavier Villaverde. Como Barman Continental.
- Matías, juez de línea (1996), de Santiago Aguilar e Luis Guridi. Como Lázaro, o carpinteiro.
- Atilano, presidente (1998), de Santiago Aguilar e Luis Guridi. Como Policía.
- The last patrol (1999), de Cora Peña.
- Os luns ó sol (2002), de Fernando León de Aranoa. Como Director de Banco.
- Máis ca irmáns (2005) (TV), de Ramón Costafreda. Como Concelleiro.
- Princesas (2005), de Fernando León de Aranoa. Como Funcionario.
- A Atlántida (2005) (TV), de Belén Macías.
- Pataghorobí (2005), de Ricardo Llovo.
- O partido (2006).
- O menor dos males (2006), de Antonio Hernández. Como Hugo Patiño.
- Mataharis (2007), de Icíar Bollaín.
- A mariñeira (2007), de Antón Dobao.
- Os mortos van á présa (2008), de Ángel de la Cruz.
- Retornos (2010), de Luis Avilés Baquero.
- Doentes (2011), de Gustavo Balza. Como Cañete.
- Sinbad (2011), de Antón Dobao. Como Primitivo.
- Somos xente honrada (2013), de Alejandro Marzoa.
- A esmorga (2014), de Ignacio Vilar. Como Milhomes.
- Os fenómenos (2014), de Alfonso Zarauza. Como Benito.
- Pieles (2017), de Eduardo Casanova. Como Simón.
- Dhogs (2017), de Andrés Goteira. Como o taxista.
- A estación violenta (2017), de Anxos Fazáns. Como o traficante.
- Que baje Dios y lo vea (2018), de Curro Velázquez.
- El aviso (2018), de Daniel Calparsoro.
- Ons (2020), de Alfonso Zarauza.
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]- Só para nenos (1985), de Milagros Bará. Como Leoncio.
- A todo tren (1995), de Lidia Mosquera.
- Amazonas 2000 (2000), de Óscar Suárez.
- La petición de mano (2004), de Ben Temple.
- La buena caligrafía (2004), de Álex Sampayo.
- O presidente, de Xabier Jácome
- Van de Sobra. Toda unha personaxe, 2007, de José Ángel Regueiro Rojo.
Teatro
[editar | editar a fonte]- "Tararará Chispum" (1978), Creación colectiva (Artello)
- "Picnic" (1979), de Fernando Arrabal (Artello)
- "As Nubes" (1980), de Aristófanes (Artello)
- "A Cantante calva" (1981), de Eugene Ionesco (Artello)
- "Manda Truco" (1982), Creación colectiva (Artello)
- "Celtas sen filtro" (1983), Xose L. Méndez Ferrín e Artello (Artello)
- "Woyzeck" (1984), de Georg Büchner (Centro Dramático Galego)
- "Gulliver F.M." (1985), de Antón Reixa (Centro Dramático Galego)
- "O Enfermo Imaxinario" (1986), de Molière (Centro Dramático Galego)
- "Almas Perdidas" (1987), de Xosé Cermeño (Centro Dramático Galego)
- "Gran Venta X Aniversario" (1988), Creación colectiva (Artello)
- "As Alegres Casadas" (1989), de W. Shakespeare (Centro Dramático Galego)
- "Batea" (1990), Creación colectiva (Artello)
- "A Matanza dos Seixas" (1993), de Antonio Blanco (Artello)
Televisión
[editar | editar a fonte]Programas
[editar | editar a fonte]- SOS. Como presentador. TVG.
- Vídeos, vídeos. Como presentador. TVG.
- O mellor (1986). TVG.
- A tumba aberta (1988). TVG.
- A Reoca (1990). Como Don Armando. TVG.
- Fatal, fatal, fatal (1991). Como presentador. TVG.
- Olé os teus videos (1991). Como presentador. TVG.
- Inocente, inocente (1993). Como presentador. TVG.
- A familia mudanza (1993). Como presentador. TVG.
- Máxima audiencia (2005). Colaborador. TVG.
Series
[editar | editar a fonte]Personaxes fixos
[editar | editar a fonte]- Servicio de urxencias (1989). TVG
- Pratos combinados (1995-2006). Como Antón Santos. TVG.
- Zapping Comando (2008-). Como varios personaxes. TVG.
- Air Galicia (2007-2009). Como varios personaxes (Castelao...). TVG.
- Padre Casares (2008-2015). Como Delmiro Ferreira Iglesias. TVG.
- Luna, el misterio de Calenda (2012-2013). Como Gerardo. Antena 3.
- Códice (2014). Como Xosé María. TVG.
- Hospital Real (2015). Como Dr. Sebastián Devesa. TVG.
- Pazo de familia (2016). TVG.
- O final do camiño (2016). Como Odamiro. TVG e La 1.
- Fariña (2018-¿?). Como Manuel Charlín. Antena 3
- Néboa (2020). Como Antón. La Primera de TVE.
Personaxes episódicos
[editar | editar a fonte]- Periodistas (1998). Telecinco.
- Un mundo de historias (Cap. 1) (2000). Como Castelao. TVG.
- Pequeno Hotel (2000-). TVG.
- Los Serrano (2003). Telecinco.
- Libro de familia. Como Saavedra. TVG.
- Los hombres de Paco (2005). Como José María. Antena 3.
- O show dos Tonechos (Cap. 53) (17 de maio de 2007). Como Castelao. TVG.
- R.I.S, Científica (Episodio 5: "Ojo por ojo") (2007). Como Esteban. Telecinco.
- Efectos secundarios (Cap. 8) (2007). TVG.
- Sin tetas no hay paraíso (2008). Telecinco.
- El comisario. Telecinco.
- Hospital central. Telecinco.
- Matalobos (2013; como preso).
- Augasquentes (2016). Como Onofre Blanco. TVG
- El ministerio del tiempo (2016). Como Padre Víctor. La 1
Sonorización e dobraxe
[editar | editar a fonte]- Dragon Ball (1989), de Akira Toriyama. Como voz do Mestre Mutenroi.
- A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos (1993), de Antonio Blanco e Ricardo Llovo. Como voz de Rufo Machado.
- Doraemon (1994), de Fujiko Fujio. Como varios secundarios.
- Os vixilantes do Camiño (1999), de Ángel Izquierdo e Antonio Zurera.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor actor protagonista | Pratos combinados | Nomeado |
2003 | Mellor actor protagonista | Pratos combinados | Nomeado |
2005 | Mellor actor protagonista | Pratos combinados | Nomeado |
2006 | Mellor actor secundario | O partido | Gañador |
2007 | Mellor actor protagonista | Air Galicia | Nomeado |
2008 | Mellor actor protagonista | Padre Casares | Nomeado |
Mellor actor secundario | Os mortos van á présa | Nomeado | |
2009 | Mellor actor protagonista | Padre Casares | Nomeado |
2010 | Mellor actor protagonista | Padre Casares | Nomeado |
2011 | Mellor actor protagonista | Doentes | Gañador |
2012 | Mellor actor protagonista | Padre Casares | Nomeado |
2013 | Mellor actor protagonista | Padre Casares | Nomeado |
2014 | Mellor actor protagonista | A esmorga | Gañador |
Mellor actor secundario | Códice | Gañador | |
2015 | Mellor actor protagonista | Hospital Real | Nomeado |
2016 | Mellor actor secundario | Pazo de familia | Nomeado |
2017 | Mellor actor secundario | Dhogs | Gañador |
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
1998 | Mellor actor protagonista | O Embruxado e Juanito Ventolera | Nomeado |
2000 | Mellor actor protagonista | Calígula | Nomeado |
2011 | Mellor actor protagonista | O florido pénsil | Nomeado |
2015 | Mellor actor protagonista | O crédito | Nomeado |
Outros
[editar | editar a fonte]- 1985: Premio na I Feira Internacional de Teatro de Ribadavia ao Mellor Actor Protagonista por Woyzeck
- 1987: Premio Compostela ao Mellor Actor Protagonista por Falstaff
- 2005: Premio da Televisión e do Cine de Galicia ao Mellor Actor. Revista Imaxe&Comunicación
- 2006: Premio da Televisión e do Cine de Galicia ao Mellor Actor. Revista Imaxe&Comunicación
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Durán "Morris" |