Aragón TV
Aragón TV | |
---|---|
Inicio das emisións | 21 de abril de 2006 |
Propiedade de | CARTV |
Formato da imaxe | 16:9 |
Datos de audiencia | 10,4% (2015, Kantar Media) |
País | España |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | Aragón |
Canle/s irmá(s) | Aragón 2 HD Aragón TV INT |
Na rede
| |
www.aragontelevision.es |
Aragón TV (anteriormente Aragón Televisión) é a marca comercial de Televisión Autonómica de Aragón, S.A. e a primeira canle de televisión pública de Aragón. Pertence á Corporación Aragonesa de Radio y Televisión.
Historia
[editar | editar a fonte]Aragón TV empezou a emitir en probas a principios de decembro de 2005. O 22 de decembro do mesmo ano substituíu o axuste de barras por un ciclo de imaxes relacionados cos pobos, as contornas naturais e as pezas do patrimonio histórico-artístico de Aragón. O 25 de febreiro de 2006 realizou a súa primeira emisión co partido de fútbol Real Zaragoza-FC Barcelona, volvendo á fase de probas tras acabar o encontro.[1]
As emisións oficiais de Aragón TV comezaron o 21 de abril dese mesmo ano, en vésperas do día de Aragón (23 de abril), sendo un dos primeiros programas unha gala especial de presentación.[2] O luns 16 de maio de 2011, emitiu en exclusiva, o único debate que houbo entre as candidatas do PSOE Eva Almunia e do PP Luisa Fernanda Rudi para a presidencia do Goberno de Aragón.[3]
En 2009 converteuse na primeira cadea de televisión en España en emitir parte da súa programación en 16:9, formato panorámico. Tamén foi a primeira cadea en dispoñer dunha canle en HD.[4]
Tras varios anos de emitir tamén a súa programación por satélite a través de Astra e Hispasat, Aragón TV cesou as súas emisións en ambos os satélites a finais de marzo do 2010, reducindo as posibilidades de ver no futuro dita televisión aos miles de aragoneses que viven fóra da comunidade autónoma, así como a todos aqueles curiosos da cultura aragonesa. A principios do mes de setembro de 2015, Aragón TV renovou as súas emisións para toda Europa a través da canle Aragón TV Internacional.
En 2012, obtivo por primeira vez e con programación habitual, o primeiro posto no ránking das canles que integran a Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA) cun 13,1 % de cota de pantalla, por diante da catalá TV3.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aragón Televisión ofrecerá o Real Zaragoza-Barcelona
- ↑ "La Televisión Autonómica de Aragón inicia su andadura tras 20 años de espera" (en castelán). 21 de abril de 2006. Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2012.
- ↑ AragónTV ofrecerá o debate entre Eva Almunia e Luisa Fernanda Rudi
- ↑ "Aragón Televisión será la primera televisión española que emita una prueba en TDT y Alta Definición" (en castelán). 9 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2012. Consultado o 11 de marzo de 2016.
- ↑ Aragón TV convértese en agosto na televisión autonómica líder de audiencia