(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Arconte - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Arconte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación dun suposto "arconte basileus", un título que lembra ás antigas monarquías dos gregos. Friso leste do Partenón.

Arconte (do gr. ἄρχων árkhōn) é unha palabra grega que significa «gobernante», utilizado con frecuencia como o título dun determinado cargo público nun goberno. É o participio presente masculino do verbo que deriva de ἀρろーχかい- arkh-, que significa "dominar". Derivado da mesma raíz proveñen monarca, anarquía e xerarquía.

Antiga Grecia

[editar | editar a fonte]

Na antiga Grecia, os arcontes eran os maxistrados que ocupaban os postos máis importantes do goberno da cidade. A súa importancia variou ao longo dos case cinco séculos que perdurou a institución, desde o -753 —cando o arcontado perpetuo dos reis de Atenas deu lugar a mandatos de dez anos— até ben entrado o século -III, pero constituíron a base dos gobernos aristocráticos e monárquicos da maioría das cidades gregas.

Esta maxistratura representa a substitución do poder dos antigos reis polo das familias nobres, e debeu crearse entre os séculos -X e -VII.

Na politeia (constitución) ateniense, a mellor coñecida, como parte do sistema de democracia directa, os arcontes eran elixidos por sorteo de entre os cidadáns que se presentaban á elección, coa única limitación de que o cargo podía ostentalo unha única vez na vida; antes da elección eran interrogados polo Areópago, pero o exame concernía sobre todo a cuestións de lexitimidade cidadá e relixiosa. Aristóteles, na Constitución dos atenienses, describe así o interrogatorio:

τίς σしぐまοおみくろんιいおた πぱいαあるふぁτたうρろー κかっぱαあるふぁὶ πόθεν τたうνにゅー δήμων, κかっぱαあるふぁὶ τίς πぱいαあるふぁτたうρろーὸς πατήρ, κかっぱαあるふぁὶ τίς μήτηρ, κかっぱαあるふぁὶ τίς μみゅーηいーたτたうρろーὸς πぱいαあるふぁτたうρろー κかっぱαあるふぁὶ πόθεν τたうνにゅー δήμων"; μみゅーεいぷしろんτたうδでるたτたうαあるふぁτたうαあるふぁ εいぷしろんἰ ἔστιν αあるふぁτたうῷ Ἀπόλλων Πぱいαあるふぁτたうρろーῷος κかっぱαあるふぁΖぜーたεいぷしろんὺς Ἑρκεῖος, κかっぱαあるふぁπぱいοおみくろんτたうαあるふぁτたうαあるふぁ τたうὰ ἱερά ἐστιν, εいぷしろんτたうαあるふぁ ἠρία εいぷしろんἰ ἔστιν κかっぱαあるふぁπぱいοおみくろんτたうαあるふぁτたうαあるふぁ, ἔπειτα γονέας εいぷしろんεいぷしろんὖ ποιεῖ, κかっぱαあるふぁτたうὰ τέλη εいぷしろんἰ τελεῖ, κかっぱαあるふぁτたうὰς στρατείας εいぷしろんἰ ἐστράτευται.
Quen é teu pai, e de que demo provén? Quen foi pai de teu pai? Quen a túa nai? Quen foi pai de túa nai, e en que demo tivo a súa orixe? Despois [preguntan] se posúen un santuario de Apolo legado polos seus devanceiros, e un Zeus que protexa o seu fogar e onde están os seus santuarios. Se ten un mausoleo onde repouse a súa familia e onde se atopa. Logo, se trata co debido respecto a seus pais, e se cumpre coas obrigas pecuniarias e militares que o estado impón.
Aristóteles, Constitución dos atenienses 55.3.

Entre o -753 e o -683 a prerrogativa exerceuse durante períodos decenais; de aí en diante, o mandato reduciuse a un ano.

Orixinalmente, os arcontes, sempre elixidos entre os aristoi, eran tres maxistrados:

  • O arconte epónimo (ἄρχων ἐπώνυμος / árkhōn epōnymos ou ὁ ἄρχων ho árkhōn, literalmente "o arconte", sen maior precisión), que deu o seu nome ao ano, e até -487, foi sempre o xefe nominal da cidade. Tivo ao seu cargo a administración civil e a xurisdición pública. Era o titor das viúvas e os orfos e supervisaba os litixios familiares. Tamén se ocupaba do teatro nomeando coregos e gañadores de tetraloxías. Nas narracións históricas, os anos identificábanse normalmente polo nome do arconte que ocupara o cargo epónimo nesa data.
  • O arconte basileus (ἄρχων βασιλεύς / árkhōn basiléus), que tomou as funcións relixiosas dos antigos reis. Foi o responsábel das cerimonias relixiosas e presidía o Areópago. Estaba a cargo dos asuntos de homicidio e delitos de impiedade. Impuña prohibicións relixiosas que debían cumprirse.
  • O arconte polemarca (ἄρχων πολέμαρχος / polémarkhos árkhōn), cuxa función orixinal era dirixir o exército, atribución militar herdada dos reis, pero que perdeu ese poder en beneficio dos estrategos despois de -487, cando o arcontado era elixido por sorteo. Tamén retomou algunhas funcións relixiosas:
    • Presidía cerimonias en honra dos soldados mortos en combate.
    • Ofrecía os sacrificios rituais en memoria dos tiranicidas, Harmodio e Aristoxitón.
    • Exercía funcións xudiciais relativas aos que non eran cidadáns atenienses (supervisaba principalmente os litixios nos que estaban implicados os metecos).

Desde data descoñecida, os tres arcontes pasaron a ser nove arcontes, sendo apoiados os tres principais por outros seis, chamados tesmótetas (θεσμοθέται thesmothétai), unha especie de administradores xudiciais[1]. Por último, Clístenes engadiu un secretario, que se encargaba de redactar as notificacións dos outros nove arcontes. Por tanto, finalmente, o seu número chegou a dez, do mesmo xeito que con outras maxistraturas atenienses.

Os arcontes eran examinados tras finalizar o ano de exercicio dos seus cargos na chamada εいぷしろんὑθύνα euthýna, sendo responsábeis da boa xestión dos asuntos públicos.

Baixo a constitución de Solón, os arcontes eran elixidos por sorteo de entre corenta candidatos nomeados polas catro tribos. Baixo a tiranía este sistema, talvez, non estivo en práctica, aínda que non se derrogou o nomeamento por sorteo. Segundo Tucídides, Hipias, fillo de Pisístrato, foi arconte, e había sempre un da casa gobernante desempeñando o cargo. Na época de Aristóteles eran nomeados por sorteo dez por cada tribo, 100 en total.

Imperio Bizantino

[editar | editar a fonte]

No Imperio Bizantino, "arconte" tiña varios significados:

  • Coa fundación de Constantinopla, o arconte da antiga Bizancio converteuse en arconte-procónsul da nova capital durante o século IV; o primeiro foi Teticio Facundo no 336 e o último Temistio no 358-359[2].
  • Pode designar a unha persoa poderosa (nobre ou magnate), titular de autoridade pública. Determinados subordinados de altos funcionarios ou oficiais son designados polo termo arconte.
  • En sentido técnico, un arconte é un gobernador, un administrador. Determinadas listas de precedencia e selos permitiron coñecer arcontes provinciais en Creta, Chipre ou Dalmacia no século IX, e arcontes de cidades, posteriormente, séculos X e XII (Klaudioupolis, Crisópolis, Atenas, etc.). Á área que cobre a xurisdición dun arconte chámanlle arcontia ou archontia, en grego ἀρχοντία.
  • Xeralmente, os historiadores bizantinos adoitan describir os gobernantes estranxeiros como arcontes[3]. Os gobernantes dos búlgaros, xunto cos seus propios títulos, levan a miúdo o título de arconte pola graza de Deus nas inscricións en grego.
  • O título tamén foi utilizado para os titulares de importantes postos financeiros, como o xefe da casa da moeda, en grego ἄρχων τたうῆς χかいαあるふぁρろーαあるふぁγがんまῆς árkhōn tēs kharagēs, así como para os directores dos talleres imperiais ou arsenais[4].

A dignidade de "Gran Arconte" (mégas arkhōn), que tamén está testemuñada como unha tradución de títulos estranxeiros, similar a "gran príncipe", foi creada por Teodoro II Láscaris na época do Imperio de Nicea. Constantino Margarites foi o primeiro que o posuíu e entre os que o obtiveron máis importantes, pódese citar ao militar bizantino Marules. Nun principio, parece que comandaba a escolta imperial, probabelmente no palacio. En campaña, é o arconte de allagion o que estaba ao cargo. Con todo, o título de Gran Arconte rapidamente converteuse en carente de calquera función en particular e chegou a ser unha simple dignidade honorífica durante o período Paleólogo[5].

Patriarcado Ecuménico de Constantinopla

[editar | editar a fonte]

Nos nosos días, os laicos da Igrexa Ortodoxa en comuñón co Patriarca de Constantinopla concederon o título de Arconte do Patriarcado Ecuménico para honrar o seu servizo á administración eclesiástica. En 1963, os arcontes organizáronse nunha sociedade de servizos dedicada a Santo André. Este status de Arconte non é parte da xerarquía da Igrexa e é puramente honorífico.

Un Arconte é honrado polo Patriarca Ecuménico, polo seu destacado servizo á Igrexa, e recoñecido, distinguido e respectado líder da Igrexa Ortodoxa (en xeral).

No xuramento do Arconte deféndese e promove a fe e a tradición da Igrexa Ortodoxa. A súa principal preocupación é protexer e promover ao Santo Patriarcado e a súa misión. Tamén se ocupa dos dereitos e o benestar humano e o benestar xeral da Igrexa.

  1. Na súa Constitución dos atenienses, III 3, Aristóteles dátaa no reinado de Acasto o do arcontado de Medonte, pero estas referencias son míticas, non históricas. Véxase tamén Claude Mossé La démocratie grecque MA Editions, París 1986, Artigo: Archontes.
  2. "Etudes sur l'histoire administrative de l'Empire Romain". 
  3. Stuart C. Munro-Hay, Aksum: an African civilisation of late antiquity, p. 145, ISBN 0-7486-0209-7.
  4. Alexander Kazhdan, Oxford Dictionary of Byzantium, ed. Oxford University Press, 1991, isbn = 978-0-19-504652-6, pp. 160–161.
  5. Rodolphe Guilland, Études sur l'histoire administrative de l'empire byzantin: les commandants de la garde impériale, l'ἐπぱいτたうοおみくろんῦ στρατοῦ et le juge de l'armée, Revue des études byzantines, vol. 18, 1960, p. 87.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fustel de Coulanges, Numa D (1987). La ciudad antigua. Col. Literatura-Obras maestras Iberia. Barcelona: Iberia. ISBN 8470821377. 
  • Kinder, Hermann; Hilgemann, Werner (1972). Atlas histórico mundial. Col. Fundamentos nº 1. Vol. I (De los orígenes a la Revolución Francesa). Madrid: Ediciones Istmo. ASIN B00525ILJA. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]