Rata de auga común
Rata de auga común | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Mapa de distribución de Arvicola sapidus.
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
A rata de auga común (Arvicola sapidus) é unha especie de roedor da familia Cricetidae. Tamén se lle chama luria,[2] leirón ou lirio[3] (os dous últimos nomes tamén designan o Elyomis quercinus, que é doutra familia e co que non se debe confundir). É un gran cricétido anfibio de gran parte de Francia, España e Portugal, incluíndo Galicia. Aínda que historicamente era considerado un membro da mesma especie que Arvicola amphibius, Musser e Carleton (2005) consideran que son distintos.[4] Está listado na Lista Vermella da IUCN como vulnerable debido a moitas das mesmas razóns que para a rata de auga setentrional.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Pesa entre 150 e 280 gramos e ten as orellas pequenas. O seu corpo mide entre 16 e 23 cm, a cola mide 12 cm por termo medio. A pelame é castaña escura sobre o dorso, e gris no ventre.
Alimentación
[editar | editar a fonte]É sobre todo herbívoro (fitófago) mais tamén pode comer algún animal acuático (insectos, crías de peixes, anfibios...).
Reprodución
[editar | editar a fonte]As femias poden parir ata cinco veces ao ano, aínda que o normal son dúas. A xestación dura 21 ou 22 días e adoitan ter de 2 a 7 crías por parto. A madurez sexual alcánzase nun pouco mís dun mes. A lonxevidade desta especie é de dous anos.
Distribución
[editar | editar a fonte]Esta especie está presente en Francia, España e Portugal. Trala ameaza da súa desaparición a curto prazo, empendéronse algúns esforzos para salvala, que foron desde campañas de información e sensibilización da xente a cambios nas obras públicas que afectan o seu hábitat e a conservación do seu hábitat.
Uso
[editar | editar a fonte]No delta do Ebro antigamente eran cazadas pola súa carne. Ao ser un roedor que se alimenta de cereais considerábase bo para comer.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Rigaux, P., Vaslin, M., Noblet, J.F., Amori, G. & Palomo, L.J. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para luria.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lirio.
- ↑ Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Rata de auga común |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rata de auga común |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Musser, G. G. and M. D. Carleton. 2005. Superfamily Muroidea. pp. 894–1531 in Mammal Species of the World a Taxonomic and Geographic Reference. D. E. Wilson and D. M. Reeder eds. Johns Hopkins University Press, Baltimore.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Descrición da especie en Proyecto Sierra de Baza Arquivado 02 de xullo de 2018 en Wayback Machine.
- Descrición da especie en Fauna y Flora
- Rastros de rata de auga común. No apartado de rastros de mamíferos do sitioArquivado 30 de outubro de 2011 en Wayback Machine. Barbastella.
- A. sapidus en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. 1914. Facsímile electrónico.