Atlas Aircraft Corporation
Atlas Aviation Corporation | |
---|---|
Fundación | 1965 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Atlas Aircraft Corporation (tamén coñecida como Atlas Aviation) é unha compañía surafricana creada en 1965[1] para fabricar varias sofisticadas aeronaves militares e equipamento de aviónica para a Forza Aérea de Suráfrica, ademais de para o mercado de exportación. Foi creada principalmente para eludir o embargo internacional de armas (Resolución 418 da ONU) que comezou en 1963[2] contra o goberno surafricano debido ás súas políticas do Apartheid.
Coa creación en 1968 do conglomerado pertencente ao goberno surafricano chamado Armscor (Armaments Corporation of South Africa), a Atlas Aircraft Corporation pasou a estar baixo o control de Armscor.[3]
En 1992 Atlas foi absorvida dentro dunha nova entidade coñecida como Denel, pasando a formar parte de Denel Aviation.[4]
Aeronaves
[editar | editar a fonte]Aeronaves de produción
[editar | editar a fonte]Atlas construíu e mantivo unha variedade de avións:[1]
- Impala Mk.I - adestrador italiano Aermacchi MB-326M producido baixo licenza
- Impala Mk.II - licenza de fabricación do modelo de ataque lixeiro MB-326K
- Atlas Cheetah - caza fabricado como actualización do Dassault Mirage III
- Oryx - versión actualizada do helicóptero Aérospatiale Puma
- Bosbok - avión lixeiro de observación de deseño italiano
- Kudu - avión utilitario lixeiro baseado no Bosbok de deseño surafricano
- Rooivalk - este proxecto foi iniciado por Atlas Aircraft Corporation e entrou en produción despois de que a compañía pasase a chamarse Denel Aviation
Atlas tamén axudou á Forza Aérea de Suráfrica a manter a súa frota de aeronaves que foran mercadas principalmente antes do inicio das sancións nos anos 70.
Prototipos e aeronaves non producidas
[editar | editar a fonte]- Atlas ACE
- XH-1 Alpha - baseado no Aérospatiale Alouette III
- XTP-1 Beta - baseado no Aérospatiale SA 330 Puma
- Carver
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "South African Air Force Equipment". GlobalSecurity. Consultado o 6 de novembro de 2018.
- ↑ "Arms Embargo against Apartheid South Africa". richardknight.com. Consultado o 6 de novembro de 2018.
- ↑ "South Africa’s arms industry". International Development Research Center. Archived from the original on 19 de novembro de 2006. Consultado o 6 de novembro de 2018.
- ↑ "The case of Denel". International Development Research Center. Archived from the original on 24 de novembro de 2006. Consultado o 6 de novembro de 2018.