Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia | |
---|---|
Tipo | organismo público |
Data de fundación | 2012 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
https://amtega.xunta.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) é un organismo da Xunta de Galicia encargado de desenvolver e executar as políticas da administración galega no eido das tecnoloxías da información e da comunicación e da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.
Historia
[editar | editar a fonte]A Axencia definiuse na Lei de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que foi aprobada en 2010 polo Parlamento de Galicia a proposta do Cando se creou, en 2012, substituíu a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, un departamento que daquela dependía da presidencia da Xunta. A Axencia segue encadrándose dentro da área de presidencia (non da Administracións Públicas e Xustiza|consellería), pero a denominación de "axencia" permítelle unha maior flexibilidade de actuación e transversalidade, pois as súas competencias afectan a todas as consellerías.
Non entrou a funcionar ata o primeiro trimestre de 2012. A súa primeira titular foi Mar Pereira, que xa era a secretaria xeral de Modernización.
Estrutura
[editar | editar a fonte]A Amtega está dirixida por unha persoa co cargo de director/a, e por un consello reitor. Ademais, están adscritos á Amtega o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga) e a Sociedade Redes de Telecomunicacións Galegas, (Retegal).