Bóla de fogo
Bóla de fogo | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ball of Fire |
Director | Howard Hawks |
Produtor | Samuel Goldwyn |
Guión | |
Baseado en | From A to Z de Thomas Monroe e Billy Wilder |
Intérpretes | |
Música | Alfred Newman |
Fotografía | Gregg Toland |
Montaxe | Daniel Mandell |
Estudio | Samuel Goldwyn Productions |
Distribuidora | RKO Radio Pictures |
Estrea | 2 de decembro de 1941 8 de decembro de 2001 (TVG) |
Duración | 111 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Recadación | $2 200 000 (USA)[1] |
Na rede | |
Bóla de fogo (en inglés: Ball of Fire) é un filme estadounidense de 1941 dirixido por Howard Hawks e protagonizado por Gary Cooper e Barbara Stanwyck. Este filme de Samuel Goldwyn Productions (orixinalmente distribuído por RKO) conta a historia dun grupo de profesores que están a traballar nunha enciclopedia e a súa experiencia cunha artista dun club nocturno que lles proporciona o seu coñecemento único.
O resto do elenco inclúe a Oskar Homolka, S. Z. Sakall, Henry Travers, Richard Haydn, Dana Andrews e Dan Duryea. En 1948, o argumento foi recuperado para un filme musical, A Song Is Born, desta volta protagonizado por Danny Kaye e Virginia Mayo. O filme tamén é coñecido como The Professor and the Burlesque Queen. En 2016, o filme foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos por ser "cultural, histórico ou esteticamente significativo".[2]
Estreouse en galego o 8 de decembro de 2001 a través da TVG.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Grazas á doazón dun cuarto de millón de dólares, un grupo de profesores estrafalarios, todos solteiros agás un que é viúvo, traballan na elaboración dunha enciclopedia do saber humano. Cando o traballo se atopa nunha fase bastante avanzada, reciben a visita sorpresa da bailarina de cabaré "Sugarpuss" O'Shea (Barbara Stanwyck), requirida polo profesor Bertram Potts (Gary Cooper), que está a facer un estudo da xerga da rúa. Ela acepta formar parte do estudo mais en realidade está a esconderse da policía, que a busca para testificar en contra do seu futuro marido: o mafioso Joe Lilac (Dana Andrews). Todo iso failes reformularse o seu traballo ao darse de conta de que viven de costas ao mundo real.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Gary Cooper como Profesor Bertram Potts
- Barbara Stanwyck como Katherine "Sugarpuss" O'Shea
- Oskar Homolka como Profesor Gurkakoff
- Henry Travers como Profesor Jerome
- S.Z. Sakall como Profesor Magenbruch
- Tully Marshall como Profesor Robinson
- Leonid Kinskey como Profesor Quintana
- Richard Haydn como Profesor Oddley
- Aubrey Mather como Profesor Peagram
- Dana Andrews como Joe Lilac
- Dan Duryea como Duke Pastrami
- Ralph Peters como Asthma Anderson
- Aldrich Bowker como Justice of the Peace
- Kathleen Howard como Miss Bragg
- Mary Field como Miss Totten
- Charles Lane como Larsen
- Charles Arnt como McNeary
- Elisha Cook como camareira
- Allen Jenkins como home do lixo
- Gene Krupa como orquestra
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "101 Pix Gross in Millions." Variety, 6 de xaneiro de 1943. p. 58.
- ↑ Price, Gary. "Library of Congress Adds 25 Films to National Film Registry Including Thelma & Louise, The Princess Bride, and The Breakfast Club". LJ INFOdocket. Consultado o 24 de febreiro de 2017.
- ↑ "Programación da TVG". ABC. 7 de decembro de 2001. Consultado o 23 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bóla de fogo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kael, Pauline (2011). 5001 Nights at the Movies. Nova York: Henry Holt and Company. ISBN 978-1-250-03357-4.
- Jewell, Richard B. RKO Radio Pictures: A Titan Is Born. Berkeley, California: University of California Press, 2012. ISBN 978-0-52027-179-1.
- Madsen, Axel. Stanwyck: A Biography. Nova York: HarperCollins, 1994. ISBN 0-06-017997-X.
- Smith, Ella. Starring Miss Barbara Stanwyck. Nova York: Random House. 1995. ISBN 978-0-517-55695-5.
- Thomson, David. Gary Cooper (Great Stars). Nova York: Faber & Faber, 2010. ISBN 978-0-86547-932-6.
- Wayne, Jane. Life and Loves of Barbara Stanwyck. Londres: JR Books Ltd., 2009. ISBN 978-1-906217-94-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bóla de fogo na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)