Bandeira de Chile
Bandeira de Chile | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 18 de outubro de 1817 |
Cores | Azul Branco Vermello |
A bandeira de Chile, coñecida como A estrela solitaria, foi adoptada oficialmente o 18 de outubro de 1817. Está dividida horizontalmente en dúas franxas: a superior é azul e branca mentres que a inferior é vermella. Sobre o cantón azul, sitúase un estrela de cinco puntas de cor branca.
As principais interpretacións do uso das cores da bandeira atribúen ó azul a representación dos ceos e o océano Pacífico; ó branco, os cumios nevados da cordilleira de los Andes; e ó vermello, o sangue verquido polos heroes nacionais na loita pola independencia.[1] Á súa vez, a estrela simboliza os tres poderes do Estado chileno (Executivo, lexislativo e xudicial) que velan pola integridade da nación; porén, outras interpretacións atribuirían a estrela única como referencia ó Estado unitario, a diferenza de, por exemplo, a bandeira dos Estados Unidos de América cuxas múltiples estrelas representan o federalismo.
Porén, segundo os relatos do poema épico A Araucana (1569), as cores da actual bandeira chilena remontaríanse ás bandas tricolores empregadas polos toquis mapuches durante a Guerra de Arauco contra a Conquista española,[1] mentres que a estrela sería a representación da estrela de Arauco, segundo Bernardo O'Higgins.[1]
O Día oficial da Bandeira nacional celébrase o 9 de xullo en conmemoración dos 77 soldados que faleceron en 1882 na Combate de Concepción, durante a Guerra do Pacífico.
Construción e despregue
[editar | editar a fonte]O Goberno de Chile usa un logotipo baseado na bandeira nacional e as súas cores están definidas tanto no sistema Pantone como no RGB e CMYK para a súa utilización en formatos dixitais e impresos. Estas cores poderían semellar as tonalidades oficiais da bandeira, mais non corresponden precisamente a estas.[2]
Azul | Branco | Vermello | |
---|---|---|---|
Pantone | 286-C | Safe | 485-C |
RGB | (0, 53, 173) | (255, 255, 255) | (220, 36, 31) |
HTML | #0035AD | #FFFFFF | #DC241F |
CMYK | (100, 61, 0, 20) | (0, 0, 0, 0) | (0, 100, 100, 20) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Soublette Asmussen, Gastón (s/f). "Nuestro Pasado Indígena. Indigenismo de los símbolos patrios" (HTM). dedaldeoro.cl. Consultado o 3 de abril de 2010.
- ↑ Gobierno de Chile (s/f). "Documentación: Normas corporativas". www.gobierno.cl. Arquivado dende o orixinal (ASP) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 14 de xaneiro de 2011.