Bandeira de Suráfrica
Bandeira de Suráfrica | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 27 de abril de 1994 |
Cores | Verde Negro Branco Amarelo Vermello Azul |
A bandeira de Suráfrica foi adoptada o 27 de abril de 1994, despois da fin do apartheid, para substituír a anterior bandeira nacional, que era vista por moitos como símbolo do antigo réxime máis que do país, ademais da opinión xeral de que o cambio era necesario debido ás súas connotacións racistas.
Houbo un concurso público de deseños para a nova bandeira; porén, ningún dos deseños achegados mereceu a aprobación da comisión encargada do deseño da nova bandeira. Ó achegarse a toma de posesión de Nelson Mandela como novo mandatario, adoptouse temporalmente un deseño proposto por Frederick G. Brownell que foi amosado ó público só sete días antes do evento. A acollida foi tan boa que dita bandeira temporal foi oficialmente adoptada como bandeira nacional na Constitución de Suráfrica.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
A Red Ensign foi a bandeira surafricana de facto entre 1910 e 1928.
-
Modificación a partir de 1912. Vixente ata 1928
-
Bandeira nacional de 1928 ata 1994