Bangassou
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | República Centroafricana | |||
Prefeituras da República Centro-Africana (pt) | Mbomou (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 31.453 (2003) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 457 m | |||
Bangassou é unha cidade do sueste da República Centroafricana, que se atopa na ribeira norte do río Ubangi. A rexión que arrodea a cidade é famosa pola súa vida salvaxe. É a capital de Mbomou, unha das 14 prefecturas dos país.[1] Bangassou está unida á ribeira sur do río, xa parte da República Democrática do Congo, por transbordador.
Bangassou representa o principal centro comercial de Mbomou, contando con catro mercados e tendo a cobertura das principais redes de telefonía. Conta aínda co pequeno Aeroporto de Bangassou. A maior parte da poboación de Bangassou vive da agricultura de subsistencia.
No contexto da guerra civil na República Centroafricana, o 11 de marzo de 2013, elementos armados do grupo Séléka penetraron violentamente na rexión e apoderáronse da mesma, provocando a parálise dos servizos públicos e o corte das comunicacións por teléfono.[2] Porén, a situación normalizouse a finais de abril.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a ocupación colonial francesa do Estado Libre do Congo, foi estabelecida unha base militar francesa na rexión. En 1922, a Congregación do Espírito Santo estabeleceu unha misión católica na cidade. En 1931, a société cotonnière Comouna construíu un predio de procesamento de algodón en Bangassou, que se converteu en capital da prefectura de Mbomou en 1935.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Catedral de San Pedro Claver.
-
Xulgados de Bangassou.
-
Hospicio da SIDA.
-
Sultán e as súas mulleres en Bangassou, 1906.
-
Preto de Bangassou, 1906.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Central African Republic: largest cities and towns and statistics of their population". World Gazetteer. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2012. Consultado o 11 de maio de 2011.
- ↑ "Blog del cooperante español Ángel Santamaría, testigo del ataque a Bangassou".