Basseterre
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Reinos da Commonwealth | Saint Kitts e Nevis | ||||
Illa | Saint Kitts | ||||
Paróquia (pt) | Saint George Basseterre (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 13.220 (2001) (2.041,71 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 6.474.970 m² | ||||
Bañado por | Mar Caribe | ||||
Altitude | 15 m | ||||
Creación | 1627 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Basseterre é a capital de Saint Kitts e Nevis e da parroquia de Saint George Basseterre. Ten unha poboación estimada de 15 500 habitantes (1990). A cidade atópase situada na illa de Saint Kitts ou San Cristovo, e é un dos principais depósitos comerciais das illas de Sotavento.
Historia
[editar | editar a fonte]Basseterre foi fundada polos franceses en 1627. Durante o goberno de De Poincy entre 1639 e 1660, a cidade estaba situada nun punto estratéxico, que lle permitiu desenvolver unha importante actividade portuaria. De Poincy rexeita subordinarse ante o rei de Francia, debido á súa posición de cabaleiro da Gran Cruz da Orde de Malta, esixiu maior lealdade da que se debía ao rei.
A illa de San Cristobo e por consecuente a cidade de Basseterre, padeceu a furia da natureza en varias ocasións, debido á súa localización, furacáns e terremotos azóutana periodicamente. A historia recorda o ano de 1876 como un dos máis catastróficos, no que a cidade foi devastada non só polos fenómenos climáticos antes mencionados, senón tamén por un incendio que reduciu a cidade en cinzas; é por esta razón que moitos dos edificios franceses desapareceron do mapa da cidade, aínda que aínda quede un pequeno vestixio destes como a Casa Xeorxiana situada na praza de independencia, hoxe convertida nun bar/restaurante.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A localidade de Basseterre atópase situada ao sur da illa de San Cristobo no mar Caribe.
Grazas á súa localización tropical, a cidade goza dun clima agradable para o turismo, ademais para o desenvolvemento e reprodución da flora típica da rexión, a localidade conta cunha vexetación exuberante, montañas volcánicas, selvas tropicais e campos de cana de azucre, unha das maiores fontes de emprego das Antillas.
Economía
[editar | editar a fonte]A refinaría de azucre foi a principal industria da localidade ata que en 2005 esta fose posta nun segundo plano, aínda que compensada coa industria turística.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Basseterre é unha cidade testiga dun pasado colonial á vez francés e á vez inglés. Os museos, as catedrais, as prazas e os fortes son o maior legado dos ingleses á cidade. Entre os lugares emblemáticos da cidade atópanse:
- Praza da Independencia, onde se atopa ademais a Catedral da Inmaculada Concepción (católica).
- Igrexa Anglicana de St George
- Forte Brimstone Hill, construído en 1690, enteiramente de pedra negra.
- Praza ortogonal Circus
- Mercados da cidade e feiras artesanais.
As festas da cidade celébranse entre o 24 de decembro e o 2 de xaneiro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basseterre |