(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Broncoscopia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Broncoscopia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Profesional realizando unha broncoscopia.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A broncoscopia é unha técnica de visualización das vías aéreas baixas usando un broncoscopio flexible ou ríxido, a cal pode ser utilizada con fins diagnósticos ou terapéuticos.

Esta técnica utilízase para o exame da vía aérea, entre outros fins, para o diagnóstico de procesos inflamatorios, infecciosos, tumorais, hemorráxicos e a localización de corpos estraños.

O alemán Gustav Killian realizou a primeira broncoscopia en 1897. Killian usou un broncoscopio ríxido para extraer un óso de porco, realizando o procedemento baixo anestesia local con cocaína. Na década de 1920, Nathan Faux perfeccionou o broncoscopio, usando un tubo ríxido para visualizar a traquea e os bronquios principais. O xaponés Shigeto Ikeda inventou o broncoscopio flexible en 1966. Inicialmente empregaba filamentos de fibra óptica requirindo unha fonte de luz externa, tiña un diámetro exterior de aproximadamente 5 a 6 mm, cunha capacidade de flexionarse 180 graos e estenderse 120 graos, permitíndolle entrar nos bronquios lobares e segmentarios. Máis recentemente reemprazáronse estes dispositivos orixinais por broncoscopios equipados cun dispositivo de vídeo localizado no seu extremo distal.

Existen dous tipos de broncoscopios: flexible (fibrobroncoscopia) e ríxido. A fibrobroncospia realízase xeralmente baixo anestesia local, co paciente desperto. A broncoscopia ríxida pode ser usada para a extracción de corpos estraños ou a colocación de stents; este procedemento realízase xeralmente baixo anestesia xeral.

Fins da broncoscopia

[editar | editar a fonte]

Diagnóstica

[editar | editar a fonte]
  • Para observar anormalidades na vía aérea.
  • Para obter mostras de tecido pulmonar en varias enfermidades, os cales poden obterse realizando unha biopsia, lavado broncoalveolar ou cepillado endobronquial.
  • Para diagnosticar un paciente con hemorraxia pulmonar, sospeita de cáncer de pulmón, tose crónica e sarcoidose, entre outros.

Terapéutica

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Broncoscopia terapéutica.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]