(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Buque hospital - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Buque hospital

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Esperanza del Mar.

Un buque hospital, ou barco hospital, é un barco deseñado para servir principalmente como instalación de tratamento médico ou hospital, sendo operado na maioría dos casos por persoal militar.

Un barco hospital é un barco construído, ou adaptado, que está equipado para rescatar a náufragos, tratar aos enfermos e curar aos feridos.

A súa función é servir como centro de atención médica e ofrecer ao doente os mesmos coidados que un hospital en terra firme. A maioría dos buques hospital son barcos operados poas mariñas militares dos diferentes estados do mundo.

Durante a primeira e a segunda guerra mundial, algúns transatlánticos foron adaptados para usarse como barcos hospitais. O RMS Aquitania e o HMHS Britannic foron algúns deles. Os barcos hospitais modernos locen grandes cruces vermellas para gozar da protección das Convencións de Xenebra baixo a lexislación bélica.

Réxime xurídico

[editar | editar a fonte]
O Juan de la Cosa atracado no Porto de Vigo.

Os barcos hospitais están amparados baixo a X Conferencia da Haia de 1907. O artigo cuarto desta Convención esbozou as restricións existentes para os buques hospital en tempos de guerra:[1]

  • O buque debe estar claramente identificado como barco hospital.
  • O buque deberá subministrar asistencia médica ao persoal ferido de calquera nacionalidade.
  • O buque non será utilizado para fins militares.
  • Os buques non interferirán ou obstaculizarán aos navíos inimigos.
  • A Convención da Haia poderá autorizar que nacións belixerantes rexistren calquera buque hospital para investigar posíbeis violacións das restricións arriba sinaladas.

De violarse calquera das restricións, o buque será catalogado como unidade combatente inimiga e afundida. Porén, abrir fogo contra un buque hospital que cumpra coas regulacións poderá ser xulgado como un crime de guerra.